Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

En campaña contra o posíbel nomeamento de Francisco Vázquez como Defensor del Pueblo

Written By Virgulino on 14/8/09 | 18:46

O Movemento polos Dereitos Civís xestionou xa o envío de 150 escritos de cidadáns contrarios a que o ex alcalde e agora embaixador ocupe ese cargo.

http://www.vieiros.com/nova/75943/en-campana-contra-o-posibel-nomeamento-de-francisco-vazquez-como-defensor-del-pueblo

A "larga traxectoria de actuación contraria ao dereito, dificilmente compatíbel coa defensa dos intereses de todos os cidadáns", é o argumento do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) para posicionarse contra a posibilidade de que o ex rexedor coruñés Francisco Vázquez, agora embaixador do Estado Español no Vaticano, poida ser nomeado Defensor del Pueblo.

A xeito de exemplo destacan a vulneración "de forma continuada da lexislación vixente en relación coa toponimia" durante o seu mandato como alcalde, incluído o non acatamento das sentenzas ditadas en contra da súa actuación. Tamén chaman a atención sobre a instalación durante anos de cámaras de videovixilancia na súa vivenda particular que "non cumpriron coa lexislación vixente no referente á protección de datos". Sinalan ademais que a actitude mantida por Vázquez nestes e noutros asuntos "fai dubidar que o señor. Vázquez teña unha actitude imparcial nos asuntos que lle poidan supoñer un conflito ideolóxico".

O MpDC iniciou esta campaña ao transcender o nome de Francisco Vázquez entre os nomes manexados polo goberno español como proposta para o cargo de Defensor del Pueblo e toda vez que transcendeu que o embaixador tería interese en desempeñar este posto. Así, desde a web do colectivo poden enviarse un escrito asinado en contra deste nomeamento ás caixas de correo do presidente do goberno español e do presidente do Congreso, onde se solicita que o nome de Francisco Vázquez non se teña en conta para ese cargo.

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

0 comentarios:

Publicar un comentario