Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Aberta campaña contra a designación de Paco Vázquez como Defensor do Pobo

Written By Virgulino on 14/8/09 | 18:49

Segundo informan dende o MpDC, o Goberno do Estado comenzou a contestar aos primeiros 150 escritos, remitidos dende a súa campaña, pedindo que non se teña en conta a Paco Vázquez para Defensor do Pobo.
Etiquetas: Francisco Vázquez, Defensor do Pobo, Movemento pols Dereitos Civís, campaña,

http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=15776&id_cat=5

Os escritos, segundo o comunicado de Movemento polos Dereitos Civís, remitido ao Presidente do Goberno e ao Presidente do Congreso, "foron iniciativas do Movemento polos Dereitos Civís despois de ter coñecemento que o antigo alcalde da Coruña tiña interese en desempeñar o mencionado cargo".

Movemento explica que "a petición de que Paco Vázquez non sexa Defensor do Pobo baséase nunha longa traxectoria de actuación contraria ao dereito, difícilmente compatíbel coa defensa dos intereses de todos os cidadáns". Así no comunicado explican como ejemplos "que durante o seu mandato como Alcalde da Coruña vulnerou de forma continuada a lexislación vixente en relación coa toponimia e non acatou as sentenzas dictadas en contra da súa actuación".

Ademais, MpDC explica que "na súa vivenda particular - Paco Vázquez - ten instaladas varias cámaras de videovixiancia que, durante anos, non cumpriron coa lexislación vixente no referente á protección de datos" e por último "que a actitude mantida nos asuntos mentados fai dubidar que o Sr. Vázquez teña unha actitude imparcial nos asuntos que lle poidan supoñer un conflicto ideolóxico".

En base aos mentados argumento, dende MpDC, explican que fan un escrito onde "piden que non se valore positivamente a candidatura do Sr. Vázquez para ocupar o posto de Defensor do Pobo".

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

0 comentarios:

Publicar un comentario