Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC esixe ao Concello de Vigo que aclare unha normativa realizada en detrimento dos dereitos civís

Written By Virgulino on 23/6/09 | 11:11


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito no Concello de Vigo co obxecto de que facilite ao colectivo acceso e copia da nova normativa aprobada polo consitorio onde se limita a posibilidade de reunión na vía pública. Ademais, o MpDC require que se expliquen as palabras do responsábel de Seguridade do Concello de Vigo, Xulio Calviño.

Con data 19 de xuño de 2009, o xornal Faro de Vigo publicou unha noticia en relación coa nova normativa aprobada polo Concello de Vigo na que podían lerse as declaracións do responsábel de Seguridade vigués, nas que, sendo preguntado polo botellón, advertía que: ”El mero hecho de reunirse en la calle, aunque sea en grupos de sólo dos o tres personas, será objeto de sanción”. Ao respecto o Movemento esixe que se expliquen tales declaracións e se permita acceder á dita normativa municipal.

Non hai que esquecer de que o dereito de reunión é unha liberdade pública individual que faculta a un grupo de persoas a concorrer temporalmente nun mesmo lugar, pacificamente e sen armas, para calquera finalidade lícita e conforme a lei. Ademais, considérase unha liberdade política e un dereito humano de primeira xeración.

É o recoñecemento do pluralismo político e da liberdade de expresar as propias opinións, xunto co recoñecemento do dereito de transmitir a outros tales opinións, escoitar as alleas e a obrar en consecuencia o que defende o Movemento polos Dereitos Civís e que debe primar á hora de elabora calquera norma ao respecto da seguridade cidadá. Neses termos, o colectivo esixe que se cumpra a legalidade e se esclareza a tal normativa aprobada polo Concello de Vigo que couta as liberdades das persoas.

0 comentarios:

Publicar un comentario