
Os compañeiros traballadores do metal chegan a Compostela para traeren á capital do país as súas reivindicacións co obxectivo de conseguir un convenio do metal digno. Ademais, estas preto de 3000 persoas queren facer ver á sociedade as dificultades polas que atravesa un sector clave para Galiza como é no que desenvolven a súa actividade. Xunto coas solicitudes antes formuladas, os manifestantes reclaman á Xunta que se implique no conflito e que tome a dianteira na mediación do conflito que motivou máis de 18 xornadas de folga no sector do metal pontevedrés.
O Movemento polos Dereitos Civís quere expresar o seu máis incondicional apoio a esta mobilización e ás que anteriormente se desenvolveron en Pontevedra que non fan máis que evidenciar que a clase traballadora galega segue viva e que non cede nin un palmo na reivindicación dos seus dereitos.







0 comentarios:
Postar um comentário
Envía MENS MPDC INFO ao 5303 e participa cada mes nun lote de informes anuais do Movemento polos Dereitos Civís (coste da mensaxe: 1,20€)