Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Bugallo insiste en renovar a autorización das cámaras de Santiago a pesar da sentenza que o obriga a retiralas

Written By Virgulino on 11/6/09 | 13:40


O Concello de Santiago acaba de responder a solicitude feita polo Movemento a respecto da suspensión da renovación das cámaras de vídeo vixilancia de Compostela. Lonxe de actuaren con coherencia e con atención á legalidade e aos dereitos da cidadanía non desisten en renovar a autorización. O MpDC lembra que hai outro procedemento aberto contra as ditas cámaras e que o colectivo abonou 3000 euros permitindo que se executase provisionalmente a sentenza que obriga a retirar os dispositivos. Unha vez máis, Bugallo e os responsábeis de seguridade volven demostrar cales son os seus intereses.

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís volveu solicitar a adopción dunha medida cautelar co obxectivo de se paralice a solicitude de renovación da autorización feita polo Concello á Delegación do Goberno. Ao seu ver, de continuarse coa autorización da instalación das ditas videocámaras segue a infrinxirse a legalidade e persoas que non deron o seu consentimento porque non foron consultadas están sendo gravadas cando transitan pola rúas compostelanas, o que supón unha vulneración do dereito á honra á intimidade e á propia imaxe.

Ao respecto, Compostela alega que a retirada ou non das cámaras non afecta directamente ao Movemento como entidade. Ao parecer do MpDC, tal reacción é totalmente temerario tendo en conta que o colectivo se di dos Dereitos Civís e atende ás cuestións referentes á cidadanía, feito que a instituición pública demostra desatender constantemente. Para máis ver, chegan a indicar que a retirada dos dispositivos suporía un dano irreparábel. O Movemento pregúntase que considera o Concello irreparábel se non son os dereitos da cidadanía.

Con todo, o Concello estima unha cantidade, 600000 euros, como “suma prudencial” á hora de proceder a executar provisionalmente a sentenza do xulgado, cantidade idéntica á solicitada no outro procedemento aberto contra o consistorio. A arrogancia e o desprezo de Compostela polos colectivos e o común da sociedade queda patente.

Os antecedentes


O pasado día 15 de xaneiro expirou a última das autorizacións concedidas pola Delegación do Goberno ao Concello de Santiago para a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na zona vella. Se ben, a institución concedeu a dita autorización. Con tal decisión queda demostrada ás claras a incompetencia do organismo no que respecta ao cumprimento das súas funcións.

Ela é a única que pode autorizar ou non as cámaras de vídeo vixilancia neste caso e o seu deber é valorar se a instalación é o sistema máis idóneo para a finalidade que se persegue, segundo o concello ter controlados os actos vandálicos cando os índices de criminalidade non amosan tal necesidade, e tamén ter en conta os principios de proporcionalidade e intervención mínima, que se incumpren flagrantemente neste caso.

Cabe lembrar que a xustiza considerou en setembro do pasado ano irregular o procedemento de instalación das mesmas e ordenou a súa retirada, mais os responsables de seguridade cidadá empeñáronse en seguir malgastando os recursos públicos e recorreron a sentenza perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario