Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento baséase normativa vixente para que se retiren as cámaras da EGAP

Written By Virgulino on 8/5/09 | 10:06


O movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un recurso contra a desestimación da solicitude formulada á Delegación do Goberno para proceder a retirada das cámaras de vídeo vixilancia instaladas nos exteriores da Escola Galega da Administración Pública Compostela. No escrito, o MpDC solicita a nulidade de pleno dereito da resolución da Delegación de Goberno de que permite a instalación de cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores da EGAP, a retirada das cámaras de vídeo vixilancia no exterior da EGAP por parte de esta Administración Pública, ó vulnerarse os trámites procedimentais e a condena en costas da Administración demandada.

Recentemente, o Movemento tivo coñecemento de que nos exteriores da Escola Galega da Administración Pública están instaladas cámaras de vídeo vixilancia fixas, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e a intimidade persoal. A Lei é clara e estricta ó someter as instalacións de cámaras a un réxime de autorización por parte da Delegación previo informe da Comisión de Garantías de Videovixilancia.

Ademais, o colectivo polos Dereitos Civís solicita a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso xa que existe unha radical falta de trámites idóneos para a finalidade perseguida, unha ausencia de trámites inequivocamente imprescindibles que constitúan o contido mínimo e irreductible do procedemento. Cabe lembrar que na resolución de 20 de xaneiro, a Delegación do Goberno, erroneamente, non denega a autorización da instalación das cámaras de vídeo vixilancia instaladas nos exteriores da EGAP sabendo que non cumpriron co procedemento legalmente esixido a súa instalación.

A instalación e funcionamento das cámaras de vídeo vixilancia debe estar presidido por unhas garantías, condicionamentos e requisitos esixidos expresamente pola normativa vixente en materia de vídeo vixilancia e que tanto a EGAP como a Delegación do Goberno omitiron. Non estamos por tanto, soamente, ante un incumprimento das funcións da Delegación do Goberno, senón que tamén, e o máis importante, que incumpre as normas vixentes que rexen en materia de vídeo vixilancia; producíndose por tanto unha vulneración do principio de legalidade por parte da Delegación do Goberno e da EGAP.

De acordo ao exposto, a garantía do dereito á protección de datos, conferida polas normativas de referencia, require que exista unha actuación que constitúa un tratamento de datos persoais no sentido expresado. Atendendo á normativa exposta, a captación de imaxes de persoas que transitan pola vía pública, constitúe un tratamento de datos persoais incluído no ámbito de aplicación das mesmas. Polo tanto, segundo a lexislación vixente, a instalación deberá respectar o principio de proporcionalidade, o que supón sempre que sexa posible, adoptar outros medios menos intrusivos á intimidade das persoas, co fin de previr interferencias inxustificadas nos dereitos e liberdades fundamentais.

Ademais, é necesaria unha proporcionalidade á hora de instalar tales cámaras, polo tanto non cabe dubida de que a instalación de cámaras en zonas tranquilas como é a Rúa Fontiñas ao non existiren datos policiais que amosen indicios de alta delincuencia ou criminalidade nin vandalismo, é unha medida desproporcionada para o fin perseguido que incumpre, polo tanto, cos parámetros fixados pola norma antes exposta. En caso de ser instaladas coa finalidade de evitar, entendemos que de acordo coa legalidade vixente, a autorización da instalación de ditas cámaras debería levarse a cabo con anterioridade a súa instalación, como sucede neste caso.

0 comentarios:

Publicar un comentario