Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Progresa a tecnoloxía, progresan as queixas

Written By Virgulino on 9/5/09 | 11:00

Nos últimos anos as ‘tecnoloxías da información e da comunicación’ introducíronse nas estruturas empresariais e das administracións públicas transformando así a vida laboral e a organización do traballo. Unha cuestión que a todos preocupa é a de atopar o límite onde o traballador pasa do ‘uso ó abuso’ e onde o empresario pasa do ‘control sobre a organización do traballo ó control do individuo’.

Eva Vales Fernández, Asesora xurídica do MpDC Derivado deste excesivo control, atopámonos cun claro aumento da vulneración das normas esenciais sobre a protección de datos. A lexislación actual en materia de protección de datos clarificadora. Porén, cada día máis as vulneracións cometidas neste eido, no canto de desaparecer, tenden ó aumento.

Non hai máis que lembrar o procedemento seguido en relación cos ficheiros da Policía Local de Sada, onde este corpo do Estado adicábase a facer anotacións negativas sobre algúns cidadáns, e cando a AxenciaEspañola de Protección de Datos procede a ins- peccionar as dependencias destes , atópase con queos arquivos desapareceran. ¿Que credibilidade teñen os poderes públicos, cando se adican a lexislar normativas que teñen como resultado quedar en papel mollado?

Merece especial consideración oabuso co que nos atopamos nos servizos en internet, onde o correo lixo ou spam constitúe unha dasprincipais preocupacións dos usuarios das novas tecnoloxías. Así a Axencia Española de Protección deDatos, advertiu que as queixas dos internautas logo de veren vulnerados os seus dereitos á privacidade medraron máis do 45% ó longo do ano 2008, onde a gran maioría teñen relación coas firmas do sector das telecomunicacións, a entes financeiros (pola incorporación nos ficheiros de morosidade ou porvulnerar a identidade segredo dos seus clientes, procedementos que segundo a AEPD deron como resultado un total de 22,6 millóns de euros en multas) e a servizos de vídeo vixilancia.

0 comentarios:

Publicar un comentario