Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Interior négase a informar do estado das investigacións internas sobre unha desproporcionada carga policial en Vigo

Written By Virgulino on 4/1/09 | 18:19

Semella por desgraza que entre os cambios que nos trae este novo ano non se atopa unha maior transparenza nas relacións das administracións coa cidadanía, nin unha corrección da impunidade da que gozan os membros das Fozas de Seguridade que incumpren as leis que están chamados a protexer. O Ministerio de Interior negouse de novo a facilitar ó Movemento polos Dereitos Civís información do estado da investigación sobre unha desproporcionada carga policial. Así, é imposible saber o resultado das investigacións internas chamadas a esclarecer a actuación da policía nunha manifestación en Vigo, a finais do 2007, en protesta polo arresto de varias persoas por inxurias ó Rei.

O Movemento solicitou e conseguiu no seu momento que a Secretaría do Estado de Seguridade iniciase unha investigación interna para dilucidar responsabilidades na violenta carga policial coa que o 6 de decembro de 2007 se disolveu unha concentración pacífica en Vigo. A apertura desta investigación desautorizaba de feito a versión da Delegación do Goberno, que sostiña que a carga se iniciara como resposta ás supostas agresións de varios manifestantes a un policía. Así mesmo, a existencia dunha investigación interna parecía abrir un camiño cara a autocrítica e cara unha menor tolerancia e proteccionismo das intervencións policiais inxustificadas.

Non obstante, coa súa decisión de non facer públicos os resultados desta investigación, o Estado demostra que non se trataba máis que dunha acción formal, unha simple declaración de boas intencións sen consecuencias prácticas. A triste realidade é que a administración segue decidida a incumplir o principio fundamental de igualdade ante a lei, apoiando sempre as actuacións da policía sempre e independemente das circunstancias e da proporcionalidade das súas accións.

O privilexio das declaracións dos axentes de fronte ás do “simple” cidadán, escandalosas concesións de indultos para axentes condenados pola Xustiza, o bloqueo interno dos procesos de inhabilitación, a indiferencia e parcialidade corporativa ante as queixas presentadas polo cidadán: estas son solo algunhas das formas nas que se manifesta este trato privilexiado ós axentes policiais. Non é de extrañar se na última enquisa feita pública polo MpDC máis dun sesenta por cento dos galegos denunciaban por unha banda, que a Xustiza tende a favorecer ás entidades públicas en detrimento dos particulares, e por outra a tarefa dificultosa que supón acceder á información das Administracións Públicas.

0 comentarios:

Publicar un comentario