Renato Núñez
Voceiro do MpDC
Cando menos, resultou moi curiosa toda a parafernalia montada no Estado Esapañol coa detención do cantante, Gorki Aguila. Un músico de punk cubano que canta letras moi críticas cós dirixentes da illa caribeña. Poidemos ler durante os días no que a súa detención foi noticia, titulares como “Denuncian el caracter político del Juicio a Gorki” ou “Un cantante cubano de punk, detenido por criticar a Castro”. Realmente é lamentable que un cantante sexa procesado polas letras das súas canción. Non debería de acontecer ni en Cuba, nin en ningún outro lado. Foi moi loable a ola de solidariedade có musico cubano. Casi todo os medios se puxeron de acordo para reclamar a liberación do músco “represaliado” e alabar a “rápida reacción de algunos artistas comprometidos con la libertad y la democracia en el país caribeño”.
O que me sorprende é que mentres iso é reprobable en Cuba, é perfectamente comprensible e loable no Estado Español. Podemos lembrar o recente caso do Grupo Soziedad Alkoholika para o que se pedía un ano e medio de cárcece polas letras das súas cancións. Neste caso non se apreción ningunha solidariedade por parte dos medios de comunicación cós músicos detidos. É máis, entendíase perfectamente que foran xulgado polas letras das súas cancións. Moitos consideraban que ofendían o Estado de Dereito e tal e como se poido saber no xuizo, a Garda Civil tiña información sobre os amigos dos membros do grupo. Non sei si se entende ben a hipocresía que se aplica neste Estado. Aquí se considera normal que se investigue a un grupo de música polas letras das súa cancións. Entendese como normal que se investigue aos amigos destes cantantes, saiban da súa vida persoal. Pero se critica si isto se fai noutro lugar. Por si isto non fora suficiente, búscase a censura pola vía dos feitos como acontece coa Banda Bassotti e Fermín Mugurza. Alí onde van actuar o Partido Popular e a AVT intentan por todos os medios evitar as súa actuacións. Actuacións de músicos que nunca foron condenados por ningún delicto. Logo, aplicando a hipocresía da que falamos, critica que en Cuba non se pemita que Gorki toque. Que toque Gorki; máis tamén Banda Bassotti, Fermín Muguruza, Soziedad Alkoholica...
Os matices da liberdade de expresión
Written By Virgulino on 1/10/08 | 19:10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Tamén pasa con outros artistas comoLeo Basi
Publicar un comentario