Beatriz Sestayo Doce, Responsable da Area de Dereitos Cívicos e Liberdades da CENG do PsdeG-PSOE
Como afronta a súa nova responsabilidade na Executiva do Partido Socialista de Galiza?
Con entusiasmo, responsabilidade e agradecemento para o meu partido e ,en especial, hacia o secretario xeral ,pola confianza depositada
Considera que as organización que buscan velar polos dereitos dos cidadáns contan co apoio da administración? Sabía que non se encadran en ningunha liña de axuda?
Considero que a Administra-ción é a primeira en querer e ter que respetar os dereitos dos cidadáns e as cidadás. Non teño dúbida algunha que esto acontece de forma xeral. En todo caso as lexítimas reclamacións do tecido asociativo e da sociedade civil son sumamente importantes para o avance dun país e o dialogo contante entre administración e cidadanía,tanto máis no que constitúe a esencia dunha sociedade democrática como o recoñecemento, respeto e defensa a ultranza dos dereitos civís
As principais denuncias presentadas polo Movemento polos Dereitos Civís teñen que ver coa videovixiancia, a negativa da administración a facilitar o acceso a documentos públicos e as actuación policiais; como valora a situación destes asuntos e a súa relación cos dereitos civís?
O binomio liberdade e seguridade que está presente en toda sociedade democrática orixina ás veces dificultades ben de interpretación ben de aplicación de algunha norma. As veces resulta difícil manter o equilibrio entre ambas partes do binomio, ata onde chega a liberdade individual (e o digo dende a enérxica convición socialista do respecto máximo á liberdade individual) e onde está a seguridade individual ou colectiva. En todo caso estou segura que andamos no camiño axeitado para que ese equilibrio sexa unha realidade en breve.
Que pasou coa Carta de Dereitos Cidadáns? Fai tempo que non se escoita nada dela.
A Carta de Dereitos Cidadáns é un compromiso esencial do goberno galego liderado polo propio Presidente Touriño. Se queremos que sexa de verdade un documento útil debe levar o proceso que se escolleu para a súa eleboración cal é a presentación, debate e sometemento á opinión pública das conclusións. Nesta tarefa está o Goberno, unha tarefa da que me sinto especialmente orgullosa toda vez que amosa a inequívoca vontade de transparencia e participación deste goberno. A Carta será o culmen dunha serie de políticas que en materia de dereitos cívicos leva desenvolvido o executivo galego no compromiso de traballar na mellora da transparencia, dunha democracia renovada e dunha crenza absoluta na nosa xente e no noso país.
Que lle parece as denuncias da existencia de expedientes policiais non declarados no concello de Sada? Sabía que o Concello de Compostela foi condenado por non facilitar o acceso a un expediente policial que contaba con datos psicolóxicos do afectado?
Son absolutamente respectuosa coas investigacións xudiciais xa que creo que só dende o profundo respecto ás funcións encomendadas a cada poder polo pobo ,e só directamente polo pobo,podemos avanzar no desenvolvemento normalizado do noso sistema democrático ,do noso sistema institucional e da nosa xustiza . Estamos dotados de medios que garanten o exercicio dos dereitos e o respecto das liberdades, e a realidade ,incluso mediática, nos amosa que tarde o temprano a xustiza fai o seu traballo. Por suposto hai que seguir a traballar por mellorar o sistema ,por modernizalo e facelo o máis transparente posible pero sempre dentro das garantías cívicas que a propia democracia esixe. Debemos ser contundentes coas infraccións e respectuosos na mesma contundencia co que funciona ben.
O MpDC reclama desde a súa creación un organismo independente que investigue a actuación irregular dos Corpos e Forzas de Seguridade. Neste sentido o MpDC presentou aos Grupo Parlamentarios unha proposta de Lei. Que lle parece esta reivindicación?
Creo que os avances lexislativos en materia de seguridade coa incorporación de políticas de seguridade ao enteiro servizo da cidadanía queda plasmada en textos aprobados por este goberno como a Lei de Policía Autonómica ou a Lei de Coordinación de Policías Locais por poñer algúns exemplos concretos. O inequívoco compromiso coa transparencia, as liberdades, os dereitos civís ou o a incorporación do código ético para os profesionais evidencia unha vontade clara para que os profesionais dos corpos e forzas de seguridade traballen precisamente para garantir o binomio do que antes falaba: que a liberdade conviva coa seguridade.
Qué papel desenvolve a xustiza no respeto aos dereitos civís?
A Adminsitración de Xustiza é unha institución absolutamente vital para a garantía do cumprimento dos dereitos do tipo que sexa . Se integra dunha banda por un dos tres poderes constitucionais:o Poder Xudicial e por otra polo que debe ser un servizo público de calidade que atende a miles de persoas que acuden aos nosos pazos de xustiza en demanda de resolucións que estimen dereitos de persoas . E por iso que as necesarias reformas estructurais impulsadas polo goberno socialista deben acometerse para que os profesionais do Dereito poidan resolver máis e mellor os conflictos dos cidadáns e as cidadás.
Por último ,que pode aportar o seu partido político ao recoñecemento dos dereitos civís?
En primeiro lugar e ao igual que as outras forzas políticas, contribuír a recoñecer o pluralismo da sociedade. En segundo lugar teño a sorte de militar nun partido centenario que se caracterizou sempre por encabezar o recoñecemento, en igualdade de oportunidades para todas as persoas, dos dereitos e as liberdades. O compromiso coa igualdade e cos dereitos marca o noso pasado,o noso presente e estará presente ,a bo seguro,no futuro.
A Carta de Dereitos Cidadáns é un compromiso esencial do goberno galego liderado polo propio Presidente Touriño
Written By Virgulino on 2/10/08 | 19:06
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
Entrevistas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario