A entidade local concede un prazo de tres meses aos responsables da Xefatura para legalizar a instalación e advirte que no caso contrario procederá á retirada dos dispositivos
O Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística do Concello de Ourense procedeu a incoar un expediente de reposición da legalidade urbanística contra o Xefe Provincial de Tráfico de Ourense e a empresa Eulen Seguridade por instalar as cámaras de vixilancia no edificio que a institución ocupa na Rúa Sáen Díez sen contar coa pertinente licenza de obra municipal. A entidade outorga un prazo de dez días para alegar e presentar os documentos que proben a existencia de autorizació urbanística e concede un prazo de tres meses para proceder a "legalizar a instalación denunciada- mediante a correspondente autorización de obra menor-". O escrito tamén advirte que no caso contrario o Alcalde "acordará a retirada da instalación e procederá a impedir os usos a que desen lugar".
A infracción determinada polo Concello vénse sumar ás múltiples irregularidades que acumulan as tres cámaras instaladas no exterior da Xeafatura Provincial de Tráfico e que xa foron denunciadas por este colectivo. Os dispositivos están ubicados na fachada do edificio, así como na marquesina de entrada, non están sinalizados e mesmo os veciños do inmoble denegaron expresamente o permiso para a súa colocación (hai que lembrar que as oficinas están nunha finca particular, na que se comparte o uso administrativo co residencial). ”Con todos os permisos”
Pola súa banda, a Subdelegación d Goberno en Ourense asegurou nun escrito que "todas las obras de la remodelación de los locales de la Jefatura y sus instalaciones han sido diseñadas, dirigidas y aprobadas según proyecto pola Dirección General de Tráfico, supervisado por el Ministerio del Interior". Así mesmo, asegura que as cámaras son fixas e non orientables e que cumpren a "estricta y exclusiva finalidad de detectar posibles intrusiones en los locales desde su exterior" e que contan coa debida sinalización e advertencia correspondiente. Unha afirmación que constrasta coa percepción dos veciños do lugar e dos transeúntes, que se enteraron da instalación das cámaras por casualidade e non viron diante nin un só cartel anunciador dos dispositivos.
De igual xeito, a orientación das cámaras fai pensar que estas captan imaxes da vía pública, unha perrogativa soamente permitida ás videocámaras instaladas e controladas polas Forzas e Corpos de Seguridade, unha característica que non se da neste caso.
O asunto tamén está en coñecemento da Axencia española de Protección de Datos, quen indicou que vai comezar a investigar a legalidade das cámaras.
O Concello de Ourense iniciará un expediente de reposición da legalidade contra as vídeocámaras da Xefatura Provincial de Tráfico
Written By Virgulino on 8/10/08 | 9:00
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario