A institución pechou a queixa que un grupo de cidadáns de Lalín afectados pola actividade dunha discoteca presentara contra o Concello por deixamento de funcións
O Movemento polos Dereitos Civís recurrirá a decisión do Valedor do Pobo de pechar a queixa presentada contra o Concello por deixadez de funcións presentando a documentación precisa. A institución encargada de velar polos dereitos dos cidadáns volveu demostrar a súa incompetencia ao antepor os interesés dunha administración local á queixa dun colectivo de cidadáns. Este grupo de cidadáns acudiu ao Valedor na procura de axuda para solucionar o problema de ruídos que levan padecendo durante anos por mor da actividade da discoteca Planet, xa que non conseguiron ningunha resposta axeitada dende o goberno municipal.
Pola súa banda, o Valedor deu por bo o informe remitido dende o Concello de Lalín, que escuda a súa deixadez alegando que os veciños non solicitaron medicións de ruído nas súas vivendas, sen reclamar máis información sobre o asunto nin á entidade municipal nin aos veciños afectados. A este respecto, cabe lembrar que existen informes elaborados por unha empresa independente nos que se demostra que a discoteca sobrepasou en varias ocasións os niveis de ruído permitidos pola lexislación, así como que cometeu outras infraccións tipificadas na lei actual.
Incumprimentos reiterados da lexislación
Disco Planet obtivo en 2002 o visto bo do Concello par pór en marcha un establecemento que tiña que limitar á producción de ruído a un máximo de 80 db no interior do local e contar cun limitador precintado polo propio Concello para 75db nos equipos sonoros, segundo o escrito remitido pola Delegación Provincial de Medio Ambiente, no que se calificaba a actividade como molesta. Aínda así, nunha estraña manobra, aprobouse subir ata os 100 db(A) o límite máximo de producción de ruído, mais esta modificación adicional non se recolle na licenza de apertura. Ademais, en ocasións detectouse que a discotea tiña desconectado o limitador da cadea musical e noutras rexistráronse picos que sobrepasaban todos os límites, acadando os 110 db. De feito nun informe conclúese que “hai anomalías no seu funcionamento, todos os parámetros indican que se manipulou o micrófono que está no centro da sala”.
Os veciños solicitaron medicións acústicas, pero que o Concello ignorou todos os resultados. Estas información, xunto coa que obra en poder do Concello, e da que non deu conta ao Valedor do Pobo, será presentada ante institución galega xunto cunha nova queixa. Desta volta, agárdase que o Valedor actúe con dilixencia fronte ao Concello e teña a ben desempeñar a tarefa para a que foi creado
O Valedor do Pobo demostra, unha vez máis, incapacidade para atender os problemas dos cidadáns
Written By Virgulino on 17/9/08 | 18:49
Etiquetas:
Concello de Lalín,
Delegación do Goberno,
Valedor do Pobo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario