A lexislación establece claramente que só se poderá proceder a colocación dos dispositivos despois de obter o permiso da Delegación do Goberno
Unha vez máis, os cidadáns galegos confirmamos a existencia dunha nova ilegalidade por parte das administracións públicas. A Delegación do Goberno contestou ao Movemento polos Dereitos Civís que o Concello de Oleiros solicitou a autorización para instalar a cámara de videovixilancia que controlaba a estatua do Che o 24 de xullo, é dicir, semanas despois de que puxese en funcionamento o primeiro dispositivo de vídeocontrol. A contestación deixa ben claro que o Concello incumpriu a normativa actual en materia de videovixilancia, pois esta establece que só se poderán instalar cámaras unha vez obtida a autorización da Delegación do Goberno e tras un informe favorable da Comisión de Garantías, dous requisitos que o goberno local non cumpriu.
Esta irregularidade vese agravada, ademais, polo feito de que o Concello incorreu na mesma falta ao instalar dúas novas cámaras no mesmo lugar sen contar tampouco coa debida autorización.
Dende o MpDC ínstase ao alcalde de Oleiros a que retire ás cámaras de vídeovixilancia ata que consiga os permisos necesarios, xa que supoñen a única garantía xurídica para evitar vulnerar os dereitos fundamentais dos cidadáns. Así mesmo, volve solicitar á Delegación que faga valer a súa autoridade e sancione ás administracións que sistematicamente están incumprindo á normativa en materia de vídeovixilancia, pois estase a producir unha grave merma dos dereitos dos cidadáns sen que ninguén se faga responsable das actuacións ilegais.
Rexistro Xeral de Protección de Datos
O goberno local tampouco comunicou ao Rexistro Xeral da Axencia española de Protección de Datos a creación dun ficheiro de imaxes con datos persoais, un dos requisitos necesarios para a instalación de cámaras de videovixilancia. A existencia deste rexistro garante aos cidadáns a posibilidade de acceder, modificar ou cancelar aquelas imaxes da súa propia persoa que foron captadas polos dispositivos nos lugares públicos.
Por outra banda, dende o MpDC quérese lembrar á entidade local que só os Corpos e Forzas de Seguranza do Estado están autorizados para a instalación, control e xestión das vídeo cámaras que enfocan á vía pública, e que, en ningún caso, estes sistemas de control poden ser instalados ou xestionados por empresas de seguridade privada nin por outra clase de funcionarios municipais. Este feito contrasta coas informacións aparecidas nalgúns medios, nas que se indicaba que as cámaras foron colocadas por traballadores do Concello sen que a Policía Local tivese coñecemento desta actividade, o que leva a pensar que tampouco existe un centro controlado polos axentes no que se xestione o funcionamento dos dispositivos.
Por todo isto, Dereitos Civís reclama que se retiren as cámaras na maior brevidade posible ata que cumpran todas as garantías que esixe a normativa actual e que se busquen alternativas menos intrusivas na vida privada das persoas para vixiar a estatua dedicada ao Che Guevara.

0 comentarios:
Publicar un comentario