Considera que a negativa da Fiscalía de iniciar unha investigación de oficio volve a amosar a dependencia desa Institución cara os Corpos e Forzas de Seguridade e a necesidade dun organismo independente que investigue estas actuacións policiais.
Segundo a asociación que defende os Dereitos Civís en Galiza a actuación da Fiscalía é plenamente comprensible, aínda que non xuustificable, dada a dependencia que ten do traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade, xa que son estes os que lles aportan grande parte da ferramenta de traballo que utiliza no xuizos nos que se presenta. Isto volve a amosar a necesidade da creación dun organismo independente que vele polos dereitos dos cidadáns pois as inercias creadas entre as distintas autoridades, institucións e administracións non permiten a realización dun traballo obxectivo de defensa dos dereitos da cidadanía.
Neste sentido o MpDC lembra que a Fiscalía non se presentou contra os policías que dispararon contra un cidadán en Meis, ni contra as gravacións ilegais de detidos por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade, tampouco contra os axentes que golpearon polas costas a un cidadán na Coruña...
Por todo isto, si a Fiscalía nos se presenta contra os axentes da Policía Local de Sada o Movemento polos Dereitos Civís verase na obriga de facelo pola defensa dos dereitos dos cidadáns que foron coaccionados e viron como os seus datos acababan en expediente ao puro estilo franquista.
Para o MpDC, non podemos dicir que vivamos nun Estado de Dereito cando os organismo encargados de velar polos dereitos dos cidadáns non funcionan e se inhiben na súa responsabilidade. Por outro lado considera necesario recoñecer o exercicio de sensatez realizado polo Goberno de Sada que, por primeira na Galiza, recoñece o proceder da actuación ilegal destes funcionario e esixe responsabilidade.
O MpDC valora presentarse como acusación particular contra os policías de Sada
Written By Virgulino on 20/8/08 | 13:48
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
non me parece axeitado. Todo isto xa se sabía vai anos e ninguén dixo nen fixo nada. Porque agora si?
Por que agora si está xustificada a caza de pitufos e entón non? Será porque entón o alcalde estaba metido no allo e agora o que ven xa non é da corda?
Seriedade señores, non aos asuntos políticos. As trifulcas políticas e axustes de contas no concello de sada que se arranxen entre partidos. Se non se fixo nin dixo nada no seu momento agora a calar!
A menos claro está que algún afectado se queira meter no asunto e levar ao concello aos tribunais. Entón si se pode meter o MpDC asesorando
saíronlle patas aos ficheiros: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=341002&idEdicion=1001
Non hai problema para saber quen foi. O concello de sada ten cámaras no edificio. Vaites! Se son ilegais as cámaras todo o que graven non ten validez legal
moi boas. o feito de que o mpdc reclamara unha investigación débese que ata que a asociaicón non tivo coñecemento do asunto non poido pedir ningun tipo de actuación.
Sobre o roubo dos arquivos, algo se cre que algo funciona neste teórico estado de dereito?
Publicar un comentario