Antes que Sada fora investigado pola Garda Civil para comprobar a existencia de arquivos ilegais sobre veciños, o concello de Santiago de Compostela xa fora condenado a facilitar o acceso a un expediente do que agora nega a existencia.
Ao Movemento polos Dereitos Civís non lle sorprende en absoluto a existencia de expedientes ilegais sobre veciños de Sada e considera que non só este concello dispón de arquivos con información persoal de veciños da localidade. Neste sentido lembra que o Concello de Compostela xa foi condenado en firme, a facilitar os informes ilegais que dispón sobre un cidadán desta cidade no que se analiza, incluso, condicionantes psicolóxicos deste veciños. No mencionado informe, do que se tivo coñecemento ao revisar un expediente do Defensor del Pueblo, o alcalde de Compostela afirmaba que nos expedientes da Policía Local encóntrase información sobre o mencionado cidadán sobre a que se pode afirmar que a "actuación de este ciudadano obedece a ciertos condicionantes inherentes a su propia personalidad".
A pesar da sentencia o Alcalde de Compostela aínda non permitiu o acceso ao expediente e, polo tanto, o afectado non coñece a información recadada de forma ilegal pola Policía Local desta cidade. De feito o alcalde nega agora a existencia destes expedientes despois de afirmar ao “Defensor del Pueblo” que os mesmos existían. Na sentencia ditada polo Contencioso nº2 de Santiago afírmase que “só a través dos expedientes cuxas remisión interesa poderá coñecer a verdadeira fonte de información, e polo tanto, o verdadeiro orixe das afirmacións que se conten no informe do alcalde”
Por outra parte a capital de Galiza conta con outro agravante á hora da creación de arquivos ilegais que non é outro que a existencia das cámaras de videovixiancia por toda a cidade, incluso a posibilidade de utilizar as de tráfico que contan con Zoom, arquivo de imaxes e videos; e están instaladas de forma que poden gravar o que ocorre no interior das vivendas. Por este motivo o MpDC remitirá a sentencia á Garda Civil á espera que actúe de forma similar que en Sada.
O concello de Compostela xa foi condenado a facilitar arquivos dos que nega a existencia
Written By Virgulino on 18/8/08 | 13:36
Etiquetas:
Concello de Sada,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
o de sada xa se coñecía, aparecera publicado nun artigo en la voz de galicia vai anos. A policía local tomaba os datos dos mozos que particiapaban en botellóns e despois pasaba de novo por onde estiveran. Se deixaban lixo denunciábanos
Hai máis casos destes por toda galiza. A policía nacional toma os datos das persoas que "identifica" e ises datos pasan a formar parte de arquivos sen ningunha garantía que eles gardan
e non se podería atopar a algún afectado
Publicar un comentario