Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

As cámaras de Coruña vólvense mostrar ineficaces contra o botellón

Written By Virgulino on 8/7/08 | 13:51

Unha fin de semana más, como vén sendo habitual nos últimos tempos, as cámaras de videovixilancia instaladas nas rúas da Coruña, supostamente para evitar o botellón, demostraron a súa rotunda ineficacia. Os dispositivos da rúa da Franja non lograron evitar que se producirse un novo altercado, neste caso con feridos, entre un grupo de persoas reunidas no lugar e outro de policías locais.

Os feitos da pasada fin de semana poñen de manifesto que a escusa que empregou o Concello da Coruña para xustificar a colocacións dos dispositivos de control (inhibir ás persoas de xuntarse nas rúas para beber) non se axusta á realidade, pois dende a súa instalación nin nunha soa ocasión cumpriron co seu cometido. Ademais, tampouco están producindo ningún efecto disuasorio sobre as persoas que se reúnen neses lugares polas noites da fin de semana. Non hai máis que lembrar o suceso de hai unhas semanas na Praza do Humor no que un home resultou cun corte por arma branca no pescozo.

Dereitos Civís reitera a súa disconformidade cunha cámaras que se mostran inútiles cada día e que pola contra supoñen un sistema de control altamente intrusivo na vida privada das persoas. A asociación reitera ao Concello que busque medidas alternativas para regular un fenómeno tan complexo como o do “botellón”, posto que as cámaras se mostraron totalmente inútiles e nin as asociacións de veciños nin o MpDC cren que a ordenanza aprobada recentemente sirva para solucionar os problemas derivados desta manifestación social, menos aínda logo de ter ignorado as achegas realizadas por diversos colectivos de afectados e especialistas na cuestión.

O MpDC pregúntase por que o Concello e a Delegación teiman en manter unhas cámaras de nula eficacia, e que, ademais, supoñen un importante desenvolvemento económico para as arcas municipais, que poderían ser empregados na posta en marcha de medidas máis prácticas e menos custosas.

0 comentarios:

Publicar un comentario