Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo arquiva unha queixa sobre a que o Defensor xa emitira recomendacións

Written By Virgulino on 18/6/08 | 17:23

Benigno López asegura que non existen incorreccións na instalación das cámaras do Concello de Ares, mentres que Enrique Múgica recordou á entidade local a súa obriga de respectar a lexislación

A institución que debería velar polos dereitos dos galegos arquivou unha queixa contra o Concello de Ares cando dende o Defensor del Pueblo xa se remitiu un escrito á entidade municipal subliñando que a súa actuación a respecto da instalación de cámaras de videovixilancia resultou incorrecta e que incluirá este procedemento dentro do seu informe anual ante as Cortes. Non obstante a amonestación, o Valedor do Pobo, Benigno López, aceptou a petición de pechar a queixa sen tomar ningún tipo de medidas, alegando que o Concello non actuou de mala fe e que finalmente conseguiu autorización para as cámaras, que xa ten instaladas.

Dende o organismo estatal, pola contra, indicábase aos responsables municipais que “cando considere necesaria a instalación de videocámaras non proceda a iniciar dita instalación ata que non obteña a preceptiva autor5autorización da Delegación do Goberno” e mesmo lle lembraba o “deber que lle incumbe de axustar a súa actuación ao disposto na Lei Orgánica 4/97”, reguladora do uso de dispositivos de control.
.
Resulta obvio que o Concello non pode instalar as cámaras de videovixilancia sen obter un permiso previo da Delegación do Goberno, o informe favorable da Comisión de Garantías (requisito indispensable) e a comunicación da creación dun rexistro de imaxes á Axencia española de Protección de Datos, requerementos que o goberno local non cumpriu en ningún caso. Así mesmo, cabe destacar que a queixa presentada por Dereitos Civís tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo en setembro de 2007, mentres que o Concello non conseguiu a autorización da Delegación ata abril deste mesmo ano. É dicir durante todo este tempo as cámaras estiveron instaladas de xeito ilegal e vulnerando sistematicamente os dereitos fundamentais dos cidadáns.

Por esta razón, resulta sorprendente que a institución encargada de gardar os dereitos e as liberdades dos cidadáns fronte ás irregularidades da Administración, nin sequera solicite ao Concello que conteste aos escritos que o MpDC lle ten presentado e máis aínda, que arquive o expendiente aducindo que non atopa actuación irregular algunha na conduta do goberno local. É evidente que Benigno López no está a realizar unha labor de control dos dereitos dos cidadáns e pola contra, adícase constantemente a xustificar a actuación das administracións. Para o MpDC queda claro que Benigno López debería dimitir xa que non entende, ou non quere entender, o obxectivo do seu cargo.

Esta non é primeira actuación que o Valedor se inhibe das súas responsabilidades, hai uns meses, pechaba o expediente aberto contra o alcalde de Vigo por negar a entrada a un pleno municipal a un grupo de veciños, cando a lei establece que as sesión municipais serán de carácter público. De igual xeito, rexeitou unha queixa presentada directamente polos afectados a través do MpDC, alegando que a asociación carecía de lexitimidade activa. Resulta obvio que a institución e, nomeadamente López, precisan urxentemente revisar o seu funcionamento.

0 comentarios:

Publicar un comentario