Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Nilda Eloy ofrecerá unha conferencia o martes 8 de abril ás 20.00h no Kiosco Alfonso

Written By Virgulino on 7/4/08 | 10:11

Nilda Eloy ofrecerá a conferencia “Os xuizos contra os xenocidas na Arxentiña, a loita contra a impunidade”, o martes 8 de abril ás 20.00h no Kiosco Alfonso.

A Asociación de Arxentinos no Exterior e a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organizan ás 8 da tarde do próximo martes 8 no Kiosco Alfonso da Coruña, a conferencia de Nilda Eloy, membro da Asociación de Ex Detenidos-Desaparecidos (AEDD) da Arxentina. O tema será Os xuízos contra os Xenocidas na Arxentina, a loita contra a impunidade.

Nilda Emma Eloy foi secuestrada o 1 de outubro de 1976 en La Plata. Permaneceu 'desaparecida' 11 meses en 6 centros clandestinos de detención. A partir de agosto do 1977, foi posta a disposición do Poder Executivo Nacional (Xunta Militar), sendo recluída no cárcere de Vila Devoto ata a súa liberación no 1979.

É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos (AEDD), dende a que colabora na confección dos chamados T.R.D -Traballos de Recompilación de Datos- de cada centro clandestino, nos que, baseándose na análise dos testemuños dos sobreviventes, se conforman os listados das vítimas e represores.

Prestou testemuño nos Xuízos pola Verdade e en distintas causas penais. Foi querelante e testemuña no xuízo contra Miguel Etchecolatz, na sentenza na que se recoñece por primeira vez o xenocidio acontecido na Arxentina.

0 comentarios:

Publicar un comentario