O día 31 de Novembro do 2006 dous membros da nosa asociación foron
sancionados durante o partido de fútbol que disputaban o Celta de Vigo e o
Fenerbaçhe turco. Durante este partido, foi despregada unha pancarta co
lema “FREEDOM FOR KURDISTAN”, denunciando o xenocídio que as autoridades
turcas levan a cabo contra a poboación kurda.
Aos quince minutos de comenzar o partido, a policía decidiu quitar do
estadio e sancionar a estas dúas persoas, que estaban na mesma grada pero
lonxe da pancarta en apoio ás lexítimas reivindicacións que o povo kurdo
ven reclamando ao longo de toda a súa historia.
Durante máis de un ano, a Asociación de Solidariedade con Kurdistán,
intentou probar o ridicula que resultaba esta sanción (¡8000 euros!), e o
absurdo de acusar de conducta “violenta” aos que reclaman xustiza,
respeito e democracia para un povo que conta con centos de miles de mortos
por reclamar os seus direitos máis fundamentais.
Durante todo este tempo, a Subdelegación do Governo en Pontevedra, ignorou
os recursos do noso avogado até o punto de non respostar a ningunha das
nosas razóns; limitándose a denegar os nosos recursos sen ningún tipo de
consideración xurídica.
Esgotados os tres recursos que podiamos facer perante esta subdelegación,
o asunto caiu en mans do Ministerio de Interior do estado español.
Despois de un silencio administrativo de máis de catro meses, este
ministerio ven de resolver que mantén as acusacións tal e como foron
realizadas pola policía e ratificadas pola Subdelegación de Pontevedra.
De novo, os motivos para ratificar a sanción non gardan ningunha relación
con as alegacións que nós fixemos.
Os fundamentos xurídicos nos que se apoia o ministerio son básicamente:
- “la cuestión planteada se circunscribe a cual de las dos versiones
de los hechos descritos debe tenerse en cuenta” si o noso ou o da policía.
Desde o noso punto de vista, debera ser o denunciante quen probara a nosa
participación nos feitos que denuncian. Non o fan, porque é imposible. Os
dous membros sancionados non participaron do despregue da pancarta nin
chegaron a situarse detrás da mesma, como se pode apreciar nas fotos da
prensa. As detencións foron totalmente arbitrarias e producíronse bastante
tempo despois de que a pancarta fora retirada pola policía.
- “los hechos que se le imputan se encuentran probados en el
expediente
administrativo”. O tal expediente, ademáis de ser unha burla para o
sentido común, non aporta ningunha proba máis que a versión dos policías.
No momento da detención, os propios policías recoñecen que non saben que é
o Kurdistán. Admiten que descoñecen os símbolos que estes dous compañeiros
portaban: unha bandeira e unha camisola co anagrama da nosa asociación.
Por certo que a A.S.K. (e os símbolos que emprega) é unha asociación
legal, constituída e rexistrada na Xunta de Galiza desde o 8 de Xuño de
1998. Por isto cremos que a “presunción de certeza de los agentes de la
autoridad” non debera resultar unha proba demasiado contundente, ou polo
menos, non tanto como a ausencia de testigos que sitúen aos nosos
compañeiros como responsables destes feitos. Ao día seguinte do partido,
todos os xornais publicaban diferentes fotografías da pancarta e os nosos
compañeiros non aparecían por ningunha parte.
- A sentencia conclúe que “por la norma administrativa relativa a la
prevención de la violencia en los espectáculos deportivos, los altercados
producidos y su participación en los mismos son constitutivos de
infracción grave”. O que se traduciría en dúas multas de 4000 euros. E
todo isto tendo en conta que o expediente policial recoñece que en ningún
momento producíronse actos violentos, nin por parte dos sancionados nin
polo resto da xente que se atopaba nas gradas. Por isto, nos preguntamos a
que “altercados” estánse a referir.
Visto todo isto, desde a A.S.K., estamos convencidos do carácter político
de todo este asunto e, polo tanto, da intención represiva de estas
sancións.
En conclusión, case un ano e medio despois, a A.S.K. enfróntase a un xuízo
por reclamar xustiza e liberdade para un povo non recoñecido polo estado
turco. Estado que ven de ser cuestionado polos informes de Amnistía
Internacional e por moitos dos países europeos, xustamente por non
garantir os máis mínimos direitos civís.
E todo isto, dentro de un estado que se declara a cada momento democrático
e respetuoso con as distintas opcións políticas de todos os seus cidadáns.
Sobre todo, ou iso din, se por medio non hai violencia de ningún tipo.
Por todo isto, facemos un chamamento á solidariedade con todos aqueles que
están sendo vítimas do crecente recorte de liberdades dentro do estado
español.
Así mesmo, queremos insistir no noso apoio incondicional ao povo kurdo, e
a nosa intención de seguir reclamando xustiza e democracia onde sexa e
cando sexa.
Se queredes recibir máis información das nosas actividades, podedes
enviarnos o voso enderezo electrónico a utopiaforo@nodo50.org , ou
consultar calquera dúbida no 652 57 47 52.
Para colaborar económicamente cos gastos de avogados, multas… abrimos unha
conta con nº 2080 0000 7 2 0003017604.
MÁIS DE UN ANO DESPOIS, XUÍZO PARA DOUS COMPAÑEIROS DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN
Written By Virgulino on 5/3/08 | 19:50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario