Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo inicia as actuacións ante o Concello de Lugo pola súa decisión de instalar cámaras no Ceao

Written By Virgulino on 13/2/08 | 16:43

O Valedor do Pobo acaba de iniciar as actuacións oportunas ante o Concello de Lugo para investigar a instalación cámaras de videovixiancia no polígono do Ceao. O Concello de Lugo informou hai uns días que mantén o seu proxecto de instalar cámaras de videovixiancia no polígono do Ceao para controlar o tráfico, a pesar das queixas presentadas pola asociación para a defensa dos dereitos civís na Galiza. O goberno lucense remitiu un escrito ao MpDC no que indica que está a redactar o expediente de solicitude de autorización para a instalación das cámaras, co obxectivo de remitirllo á Comisión Galega de Videovixiancia, “de acordo cos procedementos establecidos na lexislación vixente nesta materia”. Diante desta resposta, Dereitos Civís presentará alegacións a dito expediente por considerar que non cumpren có principio de proporcionalidade e idoneidade preciso para permitir esta clase de dispositivos de control, que a cotío só serven para vulnerar os dereitos fundamentais dos individuos que resultan gravados e non para mellorar a seguridade cidadá, máis neste caso cando se fala de control do tráfico.

O goberno lucense deberá agora remitir outro informe ao Valedor do Pobo no que explique as razóns que manexa para seguir coa teima de colocar estes dispositivos de control na zona do Ceao, xa que non responden aos principios de proporcionalidade e idoneidade, tendo en conta que neste caso a acción dos policías resultaría máis práctica e beneficiosa para a regulación da circulación rodade, salvagardaría os dereitos fundamentais dos cidadáns recollidos na Constitución Española, e que as cámaras deberán ser o último recurso ao que se acuda en materia de seguridade cidadá.


0 comentarios:

Publicar un comentario