Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís considera inapropiada as detencións relacionadas cos altercado con María San Gil

Written By Virgulino on 15/2/08 | 17:10

O Movemento polos Dereitos Civís indicou que considera inapropiada a detención dos dous estudantes implicados no suposto “intento de agresión” á política vasca María San Gil. Dende o MpDC sinalan que no caso de que se considere que se cometeu algún delito, a apropiado sería que se procedera a citación dos implicados, e non á detención, como aconteceu esta mesma mañá.

A medida, semella revestir máis un carácter político que estritamente xudicial, debido a repercusión desmesura que tivo o suceso nos medios de comunicación e no eido da política, así como polo momento “de crispación” no que nos atopamos. Coa a súa decisión, a Fiscalía está dando un trato de “delincuentes perigosos” e estes mozos contra os que nin sequera a parte afectada presentou denuncia e sen que haxa indicios que apunte a unha posíbel fuga.

A asociación para a defensa dos dereitos civís pregúntase se no caso de que sigan adiante as investigacións da Fiscalía polo caso do Monte Gaiás, a Policía irá a buscar á súa casa aos imputados para declarar ou se as forzas de seguridade aparecerán para levar detido ao alcalde de Vigo cando o fiscal desa cidade o chame a declarar polas tres denuncias que hai presentadas contra del.


Actuaciónda Fiscalía


Por outro lado o Movemento polos Dereitos Civís estrañase polo anuncio da Fiscalía de Santiago de que entrará a valorar o “intento de agresión”, por parte dun grupo de estudantes, á política vasca María San Gil durante a súa visita á Facultade de Económicas. A asociación lembra que este órgano xudicial ten obviado casos de maior gravidade e relevancia, e nos que se produciron agresións reais, como determinadas actuacións nas que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado se extralimitan nas súas funcións, tal como aconteceu na manifestación no Obeslico da pasada semana na Coruña, cando, entre outras cousas, un policía golpeou a un cidadán polas costas.

Do mesmo xeito, Dereitos Civís lembra que en 2005 un grupo de alcaldes e parlamentarios asaltaron o Parlamento galego mentres se estaba a desenvolver unha sesión plenaria no seu interior, o que motivou que a asociación instase á Fiscalía a iniciar unha actuación. A maiores, segundo a lexislación vixente, está prohibido manifestarse diante do Parlamento nos días nos que hai sesión, un principio que os rexedores locais non respectaron. Non obstante, e a pesar das reiteradas peticións do MpDC, o órgano xudicial decidiu que non era do seu interese tomar medidas legais contra este grupo de alcaldes. O MpDC lembra que vén denunciando habitualmente que o proceder, que considera abusivo, dos Corpos e Forzas do Estado nestes casos é a identificación dos participantes e posterior posta a disposición dos datos perante a Fiscalía, quen non dubida en actuar.

A Policía Nacional xa ten aberta unha investigación sobre o incidente e remitiu un escrito ao xulgado e ao fiscal sobre as actuacións que está a levar a cabo. Mentres, o fiscal de Santiago afirmou aos medios de comunicación que os feitos presentan “un carácter delictivo e que a Fiscalía ten a obriga de actuar”. Sorprende a axilidade coa que se lanza a realizar estas afirmacións cando tantas veces se teñen obviados delitos perpretados pola propia administración e que non constituíron delicto apesares de estarse vulnerando de xeito grave os dereitos dos cidadáns.


Igualdade perante a Lei


A asociación que vela polos dereitos dos cidadáns en Galiza recorda que o artigo 14 da CE afirma que todos somos iguais perante a Lei e que de non actuarse así estaríase dando un trato de favor a quen infrinxiu a lei.

0 comentarios:

Publicar un comentario