Abel Caballero vulnerou o dereito fundamental dos cidadáns de participar na vida pública valéndose de mentiras e discriminandoa unha parte dos seus administrados
O Movemento polos Dereitos Civís presentarou un escrito ante a Fiscalía do Estado pondo en coñecemento da mesma a decisión do goberno de Vigo de impedir a entrada aos veciños ao pleno do PXOM. Con esta medida, o MpDC agarda que a Fiscalía inicie de oficio unha investigación para aclarar os feitos e depurar as responsabilidades dunha actuación por parte do Concello na que se viu vulnerado de xeito grave o dereito fundamental dos cidadáns a participar nos asuntos públicos. Segundo a versión oficial, o alcalde, Abel Caballero, bloqueou o acceso ao edificio municipal ante a falta de sitio para acoller a todos os veciños que pretendían acudir ao pleno, a pesar de que os alí presentes tiñan constancia de que había espazo sufiente. Ademais, e para sorpresa dos propios policías locais e dos veciños concentrados nas portas, un grupo de persoas logrou entrar sen problemas á Casa Consistorial por un acceso lateral, co que se produciu unha clara discriminación, xa que só un poucos veciños “elexidos” puideron ter a “sorte” de presenciar a sesión plenaria.
Dende o MpDC recórdaselle ao alcalde de Vigo que a vulneración dos dereitos dos individuos recollidos na Constitución Española é un delicto penalizado. A este respecto hai que sinalar que o artigo 23.1 da CE recoñece o dereito dos cidadáns a participar nos asuntos públicos como un dereito fundamental, polo que resulta aínda unha acción de maior gravidade negar o acceso aos plenos municipais, xa que dito dereito conta cun nivel de protección superior. Asimesmo, o artigo 9.2 da CE recoñece que os poderes públicos teñen o deber de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo sexan reais e efectivas ao tempo que sinala que deben facilitar a participación dos cidadáns na vida pública, dúas obrigas que Caballero saltou sen miramentos para impedir a presenza dunha parte dos vigueses na sesión plenaria e deste xeito evitar “incómodas situacións” e debates sobre o novo Plan Xeral.
O rexedor olívico tampouco tivo contemplacións á hora de saltar por riba da normativa que rexe o funcionamento da administración municipal, pois obviou o artigo 70 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, Lei 7/1985, que establece que as sesión da Corporación municipal son públicas, de xeito que só poderán ser secretas cando se traten asuntos relacionados co artigo 18 da CE (dereito á honra) e sempre que o acorde a Corporación por maioría absoluta. Neste caso non só non se daba ningún destes dous requisitos para bloquear o acceso á sesión, senón que ademais se publicitou abertamente ao contar coa presenza dos medios de comunicación que puideron tomar nota e tirar fotografías do acontecido. Por esta razón, Abel Caballero debería responder pola súa decisión ilegal de negar a entrada aos veciños, vulnerando o dereito fundamental que asiste a quen quixo participar no pleno e se lle denegou fundamentándose en mentiras e discriminacións.
E así se recolle no artigo 78 da mesma Lei, que determina que “os membros das Corporacións locais están suxeitos á responsabilidade civil e penal polos actos e omisións realizados no exercicio do seu cargo”. Asimesmo, o MpDC lembra que o artigo 542 do Código Penal actual prevé a pena de “inhabilitación á autoridade ou funcionario público que a sabendas impida o exercizo de outros dereitos cívicos recoñecidos na Constitución Española e as Leis”, polo que agarda que a Fiscalía tome as medidas adecuadas para solventar as irregularidades cometidas neste abuso de dereito.
A actitude do alcalde demostra que, a pesar do cambio de goberno, os métodos empregados para “disuadir” as mobilizacións sociais seguen a ser os mesmos: o total desprezo polos dereitos dos cidadáns e a legalidade, e o uso da mentira para xustificar medidas discriminatorias. Unha actitude que reviste maior gravidade ao se tratar dunha institución pública encargada de velar e protexer o cumprimento dos dereitos dos seus administrados.
O MpDC leva ante a Fiscalía a decisión do alcalde de Vigo de prohibir o acceso ao pleno do PXOM
Written By Virgulino on 11/1/08 | 11:36
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario