O rexistro creado polo Ministerio de Sanidad atenta contra a intimidade dos enfermos e fomenta a súa discriminación social
Os membros da Asociación PreSOS-Galiza acaban de anunciar que iniciará unha campaña para protestar contra a decisión do Tribunal Supremo de aceptar o recurso interposto polo Ministerio de Sanidad a favor da existencia do rexistro de infectados por VIH. A asociación polos dereitos civís súmase a esta iniciativa dos reclusos na Galiza ao entender que a creación deste rexistro atenta directamente contra o dereito a intimidade, mentras que non achega ningunha solución para previr ou mellorar as condicións de vida dos afectados polo virus. A existencia dun listado desta caste pon en serio perigo a confidencialidade dos datos dos enfermos ao tempo que fomenta a súa estigmatización social. Dende as asociacións antisida tamén se lembra que as estatísticas anónimas actuais resultaron ser un sonoro fracaso, polo que non ten sentido elaborar agora unha listaxe nominal que só serviría para aumentar a discriminación e a marxinación dos doentes, xa que se trata dunha enfermidade que aínda conta cun amplo rexeitamento e descoñecemento entre a sociedade.
O colectivo de presos explicou que impugnará a sentenza do Tribunal Supremo ante o Constitucional, ao tempo que animan a toda a cidadanía a se solidarizaren cos doentes mediante unha declaración de “seropositividade” destinada a producir un colapso no servizo administrativo do rexistro. Ademais, agardan que dende o Ministerio se logre por fin unha mesa de negociación na que os colectivos implicados e administración poidan achegar posicións sobre esta cuestión que entra directamente dentro do plano da intimidade dos individuos.
Segundo o Ministerio, o SINIVIH (Sistema de Información sobre Nuevas Infecciones VIH) créase coa intención de manter un control sanitario e administrativo para “previr, xestionar e prestar servizos sanitarios a enfermos con infección de VIH e sida”. Non obstante, os colectivos implicados xa teñen logrado probar que un rexistro desta clase non só non evita os duplicados das probas anónimas, senón que os potencia, polo que se presenta inútil para manter un control efectivo da evolución do crecemento da enfermidade e elaborar estratexias de prevención. Dende o Movemento polos Dereitos Civís anímase a cidadanía galega a participar activamente na campaña iniciada por PreSOS.-Galiza en contra dun rexistro que merma os dereitos fundamentais dos cidadáns.
Dereitos Civís apoia a campaña dos presos galegos contra o “Sistema de Notificación de Infecciones por VIH” iniciada por PreSOS-Galicia
Written By Virgulino on 11/1/08 | 11:33
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario