Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís traslada o seu apoio aos catro galegos acusados de “inxurias graves ao rei”

Written By Virgulino on 30/1/08 | 13:40

A xustiza prioriza cuestións de escasa relevancia xurídica mentres deixa fóra do seu interese asuntos que afectan directamente á vida dos cidadáns e aos seus dereitos. A última actuación a este respecto refírese á citación que o xuíz Grande-Marlaska enviou aos catro detidos o pasado mes de decembro despois de participar nunha mobilización independentista. Os implicados tiveron que comparecer ante a Audiencia Nacional acusados de “inxurias graves á Súa Maxestade o rei de España" e agora enfróntanse a sancións económicas e penas de cárcere de entre seis meses e dous anos. Dende o MpDC trasládase a solidariedade cos catro mozos galegos, aos que a xustiza presta máis atención por una acción sen transcendencia real que aos tres veciños do Eixo ou á deixar en liberdade a catro policías que secuestraron e mallaron nun cidadán.

A acción da xustiza non debería ir encamiñada a criminalizar aos cidadáns por manifestaren a súa opinión sobre unha institución pública, (que outra cousa senón é a figura dun monarca con atribucións de goberno?) senón a restituir a vulneración dos dereitos das persoas que cada día se dan com maior impunidade precisamente por parte deseas mesmos órganos que deberían resgardalos. Grande-Marlaska quizais non tería aberto o método abreviado para a toma de declaracións se nos últimos tempos non se estivese a producir un intento de debatir a propia configuración do Estado e non se tivese cuestionado a validez dunha institución como é a monarquía. No medio deste debate enxuizar a un grupo de homes que queiman o retrato dun rei asegura saír en todos os medios de comunicación e potencia a “compaixón” pola salvagarda da monarquía como unha institución baixo constante “ameaza”. Que acusen a estes catro mozos de “inxurias graves” resulta cómico cando cada día vemos como os abusos de poder e de dereito perpetrados pola administración quedan libres, sen tan sequera de merecer unha inocua crítica por parte da xustiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario