Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A denuncia de torturas contra Igor Portu pon en dúbida o Estado de Dereito

Written By Virgulino on 7/1/08 | 17:57

Para o MpDC o feito de que un sospeitoso teña que ser ingresado na UCI logo de ser detido, ao presentar " golpes con puños e patadas na cara, tórax e abdome e extremidades inferiores" fai pensar na falta de garantias dos dereitos constitucionais.

O Estado de Dereito vén de sufrir un novo revés despois de que un presunto membro de ETA, Igor Portu, tivese que ser ingresado na UCI dun hospital tras ser detido pola Garda Civil. Segundo o informe médico "o paciente refire golpes con puños e patadas na cara, tórax e abdome e extremidades inferiores" e sofre unha rotura pulmonar, hemorraxia interna nun ollo, ademais de hematomas en tórax e columna vertebral, entre outras lesións. Esta nova acción das Forzas de Seguridade vén demostrar que o Estado de Dereito está sufrindo constantes violacións por parte das mesmas institucións establecidas para a súa defensa, cando non se teñen en conta os dereitos fundamentais dos detidos e menos cando os propios membros dos corpos de seguridade deciden tomar a xustiza pola súa banda e actuan fóra da legalidade e das leis que xuraron defender. A asociación de dereitos civís se pregunta con que autoridade se presentan como garantes dos dereitos dos cidadáns cando estan a utilizar a violencia e a coacción en contra das persoas ás que se lles encomenda a súa protección?

Dende o Movemento polos Dereitos Civís reclámase que se investigue este probable caso de tortura policial acontecido durante a xornada de onte en Guipúscoa para depurar as responsabilidades e atopar aos culpábeis dun acto que exemplariza a imposibilidade de acadar un verdadeiro Estado de Dereito e que non deixa de ser tamén un acto de terrorismo protagonizado dende as institucións públicas. Ademais, cómpre lembrar que o detido non estaba fichado pola policía. A causa do ingreso no centro sanitario, o Xulgado de Instrución de Garda de San Sebastián decidiu abrir unha investigación sobre as lesións que presentaba o presunto membro de ETA Igor Portu Juanena, aínda que a policía segue sostendo, en contra do afirmado no parte médico, que o detido sufriu só un golpe nas costas.

0 comentarios:

Publicar un comentario