Juan Pintos permanece detido dende febreiro de 2006 logo dunha investigación caracterizada polas irregularidades
A Xustiza afrontará esta semana un novo caso de supostas agresión a membros das Forzas de seguridade marcado pola sospeita de torturas e tratamento racista contra os implicados, unha actitude que xa se converteu en habitual en moitas comisarías do Estado. Juan Daniel Pintos Garrido, un mozo arxentino de nai galega, será sometido a xuizo acusado de agredir, supostamente, a un Garda Urbano de Barcelona en febreiro de 2006. O Movimiento Argentinos en el Exterior vén de reclamar as garantías necesarias para que se desenvolva un proceso xusto a este mozo que permanece detido dende hai dous anos xunto con outros dous homes chilenos, tamén involucrados na suposta agresión. Tanto a familia como os amigos dos acusados sosteñen que houbo “serias irregularidades” durante a investigación, feito corrobado pola denuncia pública realizada en 2007 por Amnistía Internacional na que se aseguraba que Pintos foi sometido a tortura no momento de ser detido pola policía urbana.
O Movemento polos Dereitos Civís tamén se suma ás reclamacións do colectivo galego Argentinos en el Exterior, que criticou as numerosas irregularidades cometidas ata o momento na investigación, entre as que destaca a actitude racista mantida polas autoridades xudiciais que instrúen o caso. De feito, os demais sospeitosos, todos de orixe europea, xa quedaron en liberdade. Á arbitraria situación vivida por Juan Pintos e os seus dous compañeiros chilenos súmase a imposibilidade de desfrutar da liberdade condicional mentras dure o xuízo pola súa condición de inmigrantes, a pesar de que Pintos xa conta coa nacionalidade española.
Ambas asociacións galegas trasladan todo o seu apoio a este mozo inmigrante inxustamente detido e xulgado e reclaman que se apliquen todos os controis para garantir o respecto á legalidade e aos dereitos de Pintos e os seus compañeiros. A este respecto, cabe sinalar que Nora Cortiñas, de Madres de Plaza de Mayo e outros observadores internacionais estarán presentes durante as sesións para comprobar o desenvolvemento dun proceso que, segundo destacaron dende Argentinos en el Exterior, se trata dun “xuízo previamente amañado, condenando a un mozo por ser inmigrante e utilizándoo como chivo expiatorio”.
Esta non é a primeira ocasión que se ten noticia dun caso de tortura e vexación por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade que operan no territorio catálán. De feito, Cataluña e Galiza foron as autonomías que máis denuncias rexistraron por malos tratos durante o 2006, cun espectácular incremento nas mesmas. Ademais, son de sobra coñecidas as imaxes que pasaron todas as televisións estatais nas que se podía ver a un grupo de Mossos d’Esquadra mentras golpeaban a un detido.
Argentinos en el Exterior e Dereitos Civís reclaman as garantías para o mozo xulgado por supostamente agredir a un Garda en Barcelona
Written By Virgulino on 7/1/08 | 15:08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario