O goberno local vulnerou o dereito de participación dos veciños no asuntos públicos para evitar unha protesta contra o texto do novo PXOM
O Movemento polos Dereitos Civís presentará unha denuncia ante a Fiscalía e o Valedor do Pobo contra o Concello de Vigo por negar aos veciños o seu dereito a participar nos asuntos da vida pública. O alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, ordenou a Policía Local bloquear os accesos ao edificio consistorial, no que se ía celebrar o pleno para sacar adiante o novo PXOM, para evitar deste xeito as protestas dos numerosos cidadáns que se achegaron ata o lugar para manifestar a súa disconformidade co texto.
O Concello de Vigo emprega ao seu antollo a legalidade e vulnera o dereito de todos os cidadáns a participar nas cuestións públicas cando a súa presenza resulta molesta para os políticos. Incúmprese así a Lei reguladora de bases do réxime local (7/1985, artigo 70) que estipula que as sesións dos plenos das corporacións locais son públicas. Así mesmo, tampouco se cumpriu o regulamento das sesións, xa que só a Corporación pode acordar realizar plenos a porta pechada e sempre que sexan aprobadas no pleno inmediatamente anterior. Ademais, a Policía Local obrigou ás persoas que insistían en exercer os seus dereitos fundamentais e acceder ao edificio a presentar a súa documentación, que foi revisada, para finalmente non deixar pasar a ningún cidadán. A actuación conta co agravante de proceder dunha institución pública que ten por obriga protexer os dereitos dos cidadáns e dar cumprimento da legalidade vixente.
Esta non é a primeira ocasión que o goberno vigués acude á Policía Local para pechar o paso dos veciños aos plenos nos que se debate un tema que esperta tanto interese social e tanta discusión como o Plan Xeral de Ordenación Urbana. O anterior equipo de goberno tamén adoitaba recorrer a esta medida para limitar o acceso dos cidadáns naquelas sesións nas que se trataban o mesmo tema. Noutros concellos, como o de Santiago ou Nigrán, as autoridades locais tamén vulneraron o dereito de participación dos seus veciños, accións polas que o MpDC reclamou aos organismos pertinentes que interviñeran para esclarecer ditas actuacións.
O MpDC presenta unha denuncia ante a Fiscalía e o Valedor do Pobo contra o Concello de Vigo por impedir o acceso a un pleno municipal
Written By Virgulino on 27/12/07 | 18:03
Etiquetas:
Concello de Nigrán,
Concello de Santiago de Compostela,
Concello de Vigo,
Dereito de Participación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario