A entidade local non enviou a información pertinente sobre as cámaras de videovixilancia á administración de Xustiza
O concello de Ribiera, unha vez máis, desoe as peticións de información sobre as cámaras de videovixilancia que supostamente se empregan para controlar o tráfico pero que, en realidade, gravan as persoas que transitan pola rúa. Nun primeiro momento foi o Movemento polos Dereitos Civís o que solicitou esta información e, ante a negativa da entidade local, acudiu á administración de Xustiza. Agora, cando o Xulgado de Santiago lle solicitou de novo a información, volveu a desoír e incumprir as solicitudes de información.
Os feitos comezaron en xaneiro do ano 2007 cando un medio de comunicación, El Correo Gallego, publicaba nun xornal unha imaxe de dous mozos pelexando na rúa. O pé de foto desta fotografía indicaba claramente que fora tomada por unha das cámaras instaladas polo concello para controlar o tráfico, feito que vulnera claramente a lexislación vixente e atenta contra o dereito á intimidade e á propia imaxe das persoas fotografadas.
Se nun primeiro momento a Policía Local recoñeceu que a fotografía tomada correspondía coas cámaras que controlan o tráfico, ante as solicitudes do MpDC cambiaron totalmente a versión e non tiveron problemas en afirmar que non fora así. Os axentes aseguraban que a imaxe fora tomada por un dispositivo privado dende o mesmo lugar, exactamente, que onde estás as cámaras de tráfico. Como se pode apreciar, unhas afirmacións contradictorias e pouco verosímiles, dado que a cámara está situada a unha altura á que un cidadán non pode acceder sen algún obxecto elevador.
Outro feito aínda máis contradictorio foi que a propia Policía Local, que cedeu a imaxe nun primeiro momento aos medio de comunicación, afirmaba logo que estes dispositivos non gravaban, que só visualizaban o que acontecía no tráfico das rúas.
Foron estes feitos contradictorios e inadmisibles por parte dos axentes ribeirenses o que fixo que o MpDC acudira á Xustiza para tentar aclarar esta situación que vulneraba os dereitos cidadáns. O Xulgado de Santiago, encargado de levar o caso, solicitou fai meses o expediente ao concello de Ribeira e amenazando con sancionalo no caso de que non o entregara. Ante esta petición, a entidade local enviou o informe que só contiña o escrito remitido polo MpDC pero ningunha información sobre as cámaras.
Por estes motivos, o MpDC solicita á Xustiza que sancione á entidade local ribeirense por non facilitar información, dereito recollido na Constitución Española, e tamén por vulnerar os dereitos das persoas, no que atinxe á súa intimidade e á propia imaxe. A semana pasada a Delegación do Goberno afirmaba que só dous concellos galegos tiñan permisos para a instalación de cámaras de vídeovixilancia, que eran A Coruña e Santiago. Pero a realidade é que moitas entidade locais colocan dispositivos de control sen permiso e sen ter en conta os dereitos das persoas que circulan pola rúa.
O concello de Ribeira desoe as peticións dun Xulgado de Compostela
Written By Virgulino on 26/12/07 | 1:15
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
Concello da Coruña,
Concello de Ribeira,
Concello de Santiago de Compostela,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario