O Movemento polos Dereitos Civís solicitara unha relación das administración locais que contan con estes dispositivos para comprobar a súa legalidade
O Defensor del Pueblo, Enrique Múgica, aceptou unha queixa contra a Delegación do Goberno en Galiza trasladada polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), ante a negativa do organismo estatal a ofrecer a información requerida acerca do número de Concellos que teñen instaladas cámaras de videovixiancia ou que tramitan a súa instalación. O MpDC presentou no seu día a queixa ante o Defensor del Pueblo logo de que o delegado do Goberno rexeitase facilitar a documentación, que tiña como obxectivo comprobar que realmente os municipios contan cos permisos necesarios para a ubicación dos dispositivos de vixiancia.
Con esta decisión, Múgica respalda as reiteradas denuncias que o MpDC vén realizando contra a, cada vez máis habitual, práctica dos concellos galegos de instalar cámaras nos espazos públicos como medida de control, sen que, na meirande parte dos casos as administracións locais conten cos permisos pertinentes establecidos na Lei de Videovixiancia, destinada a garantir os dereitos recollidos no Artigo 18 da Constitución Española. O Defensor del Pueblo súmase asía a iniciativa Xulgado do Contencioso Número 2 da Coruña que o pasado mes de outubro aceptou un contencioso contra a Delegación do Goberno polos mesmos feitos.
A institución estatal argumentou, para xustificar a súa negativa, que a relación de concellos que contan con viodeovixiancia solicitada polo MpDC ten un carácter privado, cando a lei que regula a instalación destes dispositivos establece que “o público será informado de xeito claro e permanente da existencia de videocámaras fixas”. A este respecto cabe sinalar que o MpDC xa denunciou casos como o da Coruña nos que a administración instalou as cámaras antes de obter a licenza correspondente e sen que mediara ningún tipo de sanción por parte da Delegación do Goberno, cando esta tiña pleno coñecemento da situación. Do mesmo xeito, o Concello de Vigo anunciou hai unhas semanas que paralizará a colocación das cámaras ata que se confirme a legalidade da iniciativa, xa que, a videovixiancia minusvalora os dereitos á intimidade dos cidadáns nos espazos públicos, mentras que a súa efectividade está aínda por demostrar.
O Defensor del Pueblo acepta unha queixa contra a Delegación do Goberno por negar información sobre os concellos con videovixiancia
Written By Virgulino on 12/12/07 | 15:06
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario