Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Santiago non informou ao Defensor del Pueblo sobre a situación dos músicos da rúa despois de varios requirimentos e 8 meses de investiga

Written By Virgulino on 9/11/07 | 17:01

A entidade local non aclarou por que expulsou a un músico alemán da cidade

O concello de Santiago segue fiel a súa actitude de escurantismo e desinformación a outras administracións públicas. Neste caso a entidade local segue sen informar ao Defensor del Pueblo sobre a situación dos músicos da rúa na despois dunha investigación que se alonga xa máis de oito meses. A día de hoxe, aínda non aclarou as razóns de por que expulsou a un músico alemán da cidade.

Pero esta actuación da entidade compostelá non é nova. Non hai máis que lembrar o acontecido cos permisos para a instalación de cámaras de videovixilancia ou a ordenanza de publicidade estática. Formas de comportamento que non fan outra cousa que ocultar informacións ás institucións públicas pero que contan co beneplácito de administracións como o Valedor do Pobo ou a Delegación do Goberno, que no canto de sancionar estes comportamentos apóianos e encúbrenos.

No caso dos músicos da rúa o Defensor del Pueblo solicitou fai varios meses información sobre a situación na que se encontran os músicos que tocan nas rúas da cidade compostelá e das actuacións realizadas a este respecto por parte da entidade local. A resposta do concello segue sen chegar pero o Defensor tampouco comeza ningunha medida sancionadora.

A queixa iniciouse polo feito de que varios policías locais detiveron ilegalmente a un músico alemán, metérono no coche, rompéronlle a súa gaita coa que estaba a tocar na rúa, e levárono ás aforas da cidade onde o invitaron a abandonar a cidade en base a que non dispuña dos permisos necesarios e entorpecía o tránsito na vía pública. Despois de varias peticións, o concello de Santiago aínda non esclareceu cal foi o motivo desta detención e a posterior forma de actuar dos axentes; mentres tanto outorga autorizacións para utilización das vías públicas a posteriori a Institucións privadas como a SGAE.

O MpDC tenlle lembrado ao Defensor del Pueblo que leva formulado en reiteradas ocasións peticións de información ao Concello de Santiago sen recibir resposta, nalgún caso referido a actuacións que se remontan a 2005. A entidade local compostelá demostra ser absolutamente irrespectuoso coa Institución, e ademais ignora as continuas denuncias formuladas contra membros da Policía Local, sen tomar cartas no asunto.

Por estes motivos, o MpDC reclama que o concello de Compostela comece a ser amonestado cada vez que non facilite a información solicitada por algunha administración pública, colectivo social ou cidadán, dereito recollido na Constitución Española.

0 comentarios:

Publicar un comentario