Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O normal é que as manifestacións contrarias á monarquía se estendan por todo o Estado.

Written By Virgulino on 6/10/07 | 18:01

O Movemento polos Dereitos Civís considera que é a reacción lóxica a unhas normas que xa non se axustan a un Estado de Dereito moderno e coartan dereitos fundamentais.

Para o MpDC o normal sería que víramos en breves días, tamén en Galiza, máis actos de repulsa á Monarquía como os que se veñen celebrando en Catalunya ou, máis simbólico, como os celebrados en Madrid. Dereitos Civís considera que esa é a resposta lóxica dunha sociedade que xa non acepta imposicións de normas caducas, propias doutras épocas e non dun Estado de Dereito Moderno no que se afirma que vivimos.

Esa extensión das protestas virían aumentadas e dadas, principalmente, como reacción aos intentos da Administración de Xustiza de limitar o exercicio do dereito á Liberdade de Expresión. A sociedade actual non concibe e repudia a unha Administración de Xustiza que coarta liberdades fundamentais, secuestra revistas e busca levar a prisión a quen non está de acordo coas institucións do estado e, o mais dramático, maniféstao de forma pacífica.

Como é posible que nun Estado que se denomina democrático é posible condenar a prisión a quen amosa a súa desconformidade coas Institucións dese Estado sin recurrir á violencia? Que marco de debate ofrece?

O Movemento polos Dereitos Civís considera lexítimo que a cidadanía amose o seu malestar por esas formas e retrocesos nas nosas liberdades. Ninguén debe estar por encima do ben e do mal nunha democracia. O Rei non pode ser irresponsable e a monarquía non pode estar libre das manifestacións públicas de repulsa.

Non podemos permitir que este sexa un Estado que leve a estudiantes a cárcere por criticar ao seu xefe de Estado como en EEUU. Esa é a democracia pola que se loitou durante tantos anos de dictadura? Pois é unha democracia pobre e falta de caracter, con medo a enfrontarse a retos e adaptarse a sociedade.

Por todo iso o MpDC considera que o lóxico e saudable nunha sociedade democrática, e que valora o exercicio dos seus dereitos, é que se estenda as reaccións de repulsa as limitacións á liberdade de expresión en defensa de privilexios mais propios de tempos pasados; privilexios que xa non se xustifican por mandato divino e non son do agrado do pobo.



3 comentarios:

Xurxo dijo...

Proponho que se fale com diferentes colectivos para fazer que se convoque umha manifestaçom com o lema "Pola 3ª República" em Madride diante do Palácio da Zarzuela.

Anonymous dijo...

Eu sería mais partidario dun acto en Galiza

ernestoalberto dijo...

Adhiero a manifestarse contra la monarquia.Considero a estas,(las monarquias )totalmente anacrónicas, y en el caso particular de la monarquia española, existió connivencia con la dictadura, lo cual aparte de convertirla en ilegal, la hace inmoral.

Publicar un comentario