Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un xulgado de Compostela négase a seguir investigando unha detención ilegal con lesións

Written By Virgulino on 8/10/07 | 12:54

O denunciante solicitou unha rolda de identificación e que se chamara a testemuñas para identificar ao policía; peticións que foron rexeitadas polo xulgado para logo afirmar que non era posible identificar ao axente.

Un xulgado de Santiago de Compostela arquivou unha denuncia contra dous Policías Autonómicos por unha detención ilegal con lesións durante un acto público en Compostela que tivo lugar o 28 de abril do 2005. A persoa denunciante solicitou que non se arquivara o mesmo, reclamando unha rolda de identificación do axente incausado, aportando testemuñas de tal abuso policial.

Durante a Feira de Galiemprego mozos e mozas galegos e galegas manifestáronse para protestar polas condicións do emprego do noso país ante o daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. A Policía Nacional actuou violentamente contra estes mozos que manifestaban a súa opinión de xeito totalmente pacífico.

Un membro do MpDC foi requirido polos manifestantes; este, cando lle reclamou a un axente a súa identificación para presentar unha denuncia contra el por lesións, foi detido e esposado con violencia.

A pesar de que o membro do MpDC puxo a correspondente denuncia, máis de dous anos despois os feitos continúan sen esclarecerse e os axentes que se extralimitaron claramente nas súas funcións continúas na rúa sen responder polos delitos que cometeron.

Desde o MpDC se solicitara ao Xulgado que non arquivara o expediente e que continuara coas investigacións, permitindo a rolda de identificación e a toma de declaraciónas ás testemuñas, pero nos últimos días recibiu un auto onde se informaba do peche do mesmo. Parece que a xustiza galega aínda non sabe valorar o esforzo que supón presentar unha denuncia contra un un axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; cidadáns que gozan de presunción de veracidade e que, incluso nos casos de condena, acaban por seren indultados como pasou cos catro policias locais de Vigo que torturaron a Mamadou Kane.

0 comentarios:

Publicar un comentario