O mundo ao revés
O próximo mércores 18 de xullo ás 11. 45 terá lugar no Xulgado de Instrución nº 4 da Coruña a vista do xuízo contra Eduardo Álvarez, denunciado polo Xuíz Decano da Coruña Antonio Fraga Mandián por supostas "inxurias" á súa persoa.
Eduardo Álvarez vírase obrigado a denunciar publicamente que un xulgado coruñés se negaba a notificarlle en galego por un asunto particular, malia esta ser a lingua na que el se expresara no proceso e malia tal dereito estar recollido legalmente no artigo 7.2 da Lei de Normalización Lingüística. Ademais, denunciara que no papel oficial no que lle enviaran a notificación soamente en castelán podía lerse o topónimo da cidade da Coruña deturpado baixo a forma ilegal *La Coruña.
Fraga Mandián, que xustificou a negativa a lle notificar en galego ao interesado e considerou o uso dun topónimo ilegal "un simple erro ortográfico" acusa a Eduardo Álvarez de lle ter chamado "mentirán" nos medios de comunicación, razón do xuízo por esas supostas "inxurias".
Logo de episodios semellantes nos últimos meses, atopámonos cun novo caso da intolerábel fobia contra o galego que parece profesar unha parte da xudicatura, ao tempo que cun caso máis dunha persoa que por querer usar coherentemente a súa lingua para todo e en toda parte acaba sentada nun tribunal. O mundo ao revés.
A MESA pola Normalización Lingüística convoca un acto de apoio a Eduardo Álvarez na entrada do edificio dos Xulgados da Coruña (Rúa Monforte) o 18 de xullo ás 11.30 da mañá. Asemade, fai un chamamento a arroupar o denunciado na propia vista.
Un cidadán reclama os seus dereitos lingüísticos ante un xuíz e remata procesado por inxurias
Written By Virgulino on 11/7/07 | 11:21
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Dereito o galego???
Dereito o Castelán???
Creo que o mero feito de que a unha persoa se lle notifique en castelán e proceda a montar este embrollo, habría que prendelo sin mais.
Eu normalmente falo en galego, mais non me alporizo cando recibo algo en castelán porque son galego e español, e por conseguinte debo coñecer ambolos dous idiomas, e non ser tan extremista para non poder recibir a notificación en castelán.
Personalmente creo que o sr. Eduardo Alvarez é un enfermo.
O que montou o embrollo foi o xuíz por denunciar a unha persoa que lle pediu que notificara en galego.
E non é un extremista quen presenta unha denuncia por iso?
Publicar un comentario