Avaliación crítica da xestión de Vázquez Sandes, quen non contestou ou non investigou ducias de queixas
Confianza en que o relevo permita retirar a denuncia presentada contra o Valedor
O MpDC que manifestar a súa esperanza en que o nomeamento dun novo Valedor do Pobo, coa substitución de Vázquez Sandes por Benigno López, supoña unha modificación de fondo da actuación nesta institución, que cumpla coas súas funcións en relación coa supervisión das administracións e o seu respeito polos dereitos e liberdades. O MpDC solicitará en canto sexa efectivo o seu nomeamento unha xuntanza para expoñerlle as principais demandas e inquedanzas en relación co funcionamento do Valedor.
O MpDC valora negativamente a etapa de Vázquez Sandes, quen se negou en reiteradas ocasións a contestar á nosa asociación ou a investigar denuncias de vulneracións de dereitos nas administracións públicas; noutros casos, o Valedor deu as queixas por solucionadas sen exercer calquera tipo de investigación ou pesquisa, ou ben encomendou o resto de investigacións ao MpDC, cando se trataba da súa función. Así, tenlle solicitado ao MpDC que investigase se un colexio solicitara os permisos para a instalación de videocámaras, ou negouse a actuar despois de que o Concello de Santiago non permitise a entrada ao pleno municipal –público por lei- a varias persoas, só nos últimos meses. Noutros casos, teñense rexeitado queixas que despois foron aceitadas polo Defensor del Pueblo, o que demostra que a actuación do Valedor non se axustaba a criterios obxetivos de admisión das denuncias. Finalmente, quedan no seu paso polo cargo unhas bochornosas declaracións nas que afirmou que non existía discriminación por sexo en Galiza, que por si soas xa xustificarían unha avaliación negativa.
Infelizmente, o MPDC veuse forzado a presentar o ano pasado unha demanda contra o Valedor do Pobo ao alegar este “falla de lexitimidade activa” pola nosa parte e negarse a responder ante varias reclamacións presentadas; esta institución negouse -durante anos- a remitir documentación ao MpDC sobre un asunto relativo ás liberdades civícas (a retirada de carteis pola Consellaría de Educación nos centros de ensino), a pesar de que está obrigada por lei. Agardamos que o relevo nos permita retirar a demanda e que o novo Valedor aproveite a oportunidade de comezar outro tipo de relación cos movementos cívicos e co conxunto da cidadanía en xeral.
O MpDC solicitaralle transformacións de fondo ao novo Valedor do Pobo
Written By Virgulino on 10/7/07 | 13:41
Etiquetas:
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Valedor do Pobo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario