O MpDC solidarízase co cantante e cos organizadores e asistirá á actuación
O MpDC manifesta a súa solidariedade co músico Fermín Muguruza ante as ameazas de suspensión do concerto que ten programado para o próximo día 20 en Compostela. Cunhas acusacións sen base legal, completamente tendenciosas e sen contraste ningún, e axitando sen achegar ningún tipo de proba a excusa da “apoloxía do terrorismo”, o PP compostelán vén de exixir que se censure o concerto do artista basco, arremetendo contra unha liberdade fundamental.
Trátase dunha nova barbaridade que pretende limitar a liberdade de expresión; hai que recordar que se trata dun artista con ducias de discos editados, que se poden mercar en calquera tenda, que leva máis de vinte anos a expresarse musicalmente en distintas partes do mundo, ou en colaboración con artistas tan coñecidos como Manu Chao, e que nunca foi condenado por un suposto ilícito, nen sequera a través dun delito tan cuestionábel –pola indefinición xurídica e a arbitrariedade con que pode aplicarse- como o de apoloxía do terrorismo. Pola contra, é coñecido o seu compromiso co proceso de paz, manifestado en reiteradas ocasións.
O PP cre que abonda con que eles non gosten das letras ou do compromiso político dun artista para decidir que actos culturais poden ser legais e cais non, para actuar como unha nova inquisición en Galiza; tan só que o PP se permita formular estas declaracións serven como inmellorábel exemplo paradigmático do retroceso de dereitos e liberdades nos que vivemos, xa que hai unha década serían impensábeis. Sen embargo, cos mesmos argumentos, no pasado foron censurados concertos doutros grupos en Compostela, como Soziedad Alkohólika, que sofreu unha longa campaña de persecución e acoso da extrema dereita, social e política.
Agardamos que o Concello de Compostela se comporte con corrección nesta ocasión, respeitando as máis elementares liberdades democráticas, e non ceda a estas presións. No entando, desexamos aos organizadores o maior éxito non porque gostemos máis ou menos da música deste artista, senón porque representará unha victoria da liberdade de expresión. O MpDC suspenderá un acto que tiña programado na mesma noite para que os seus membros asistan ao concerto en solidariedade.
A nova inquisición: O PP compostelán quere censurar o concerto de Fermín Muguruza
Written By Virgulino on 12/7/07 | 11:18
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario