Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Derradeira oportunidade para o Concello de Padrón

Written By Virgulino on 12/7/07 | 13:41


O Defensor pode declaralo administración hostil e entorpecedora ao negarse a facilitar información


O Defensor del Pueblo vén de solicitarlle novamente ao Concello de Padrón que lle remita un informe, ante a negativa da Cámara municipal a permitir a outros grupos políticos a utilización de calquera tipo de salón ou local dependente do Concello.


O Concello de Padrón vense negando sistematicamente a cumprir coa legalidade vixente e a responder ás queixas presentadas polo MpDC en relación a este asunto, e nen sequera cando a queixa foi elevada ante o Defensor, tivo a ben acceder a informar.


O matiz novidoso nesta ocasión é que o Defensor xa sinala a posibilidade de elevar o grao de protesta ante o reiterado e deliberado incumplimento do Concello cos seus deberes legais de colaboración coa administración. De non respostar o Concello de Padrón, o Defensor incluiría a esta entidade local no informe anual que se presenta nas cortes estatais, puidendo declaralo administración hostil e entorpecedora.


O MpDC agarda que os recentes cambios políticos neste concello, nomeadamente o relevo na alcaldía, contribúan para solucionar definitivamente esta cuestión, non só na remisión de información senón nun uso aberto dos locais municipais a todos os grupos políticos, incluido o grupo que antes o impedían desde a alcaldía.

0 comentarios:

Publicar un comentario