Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor négase a investigar as cámaras dun colexio de Fisterra pero insta ao Movemento a reclamar

Written By Virgulino on 7/5/07 | 13:42

José Ramón Sande aconsella ao Movemento polos Dereitos Civís que se dirixa á Delegación do Goberno para coñecer por que o "CEIP MAR DE FORA" de Fisterra non aclara se solicitou os permisos para a instalación de cámaras de videovixilancia.


Novamente a administración deixa nas mans do Movemento polos Dereitos Civís a labor de averiguar a correcta actuación dun organismo da Administración. Neste caso o Valedor do Pobo inhíbese a favor do Movemento polos Dereitos Civís para que averigue se o CEIP MAR DE FÓRA de Fisterra solicitou os permisos necesarios para a instalación de cámaras de videovixilancia no instituto.

A decisión do Valedor do Pobo prodúcese despois de que o MpDC se dirixira ao Instituto informando de que necesita contar cos permisos necesarios para a instalción deses dispositivos, e preguntándolle se estes permisos foron solicitados e concedidos. Ante a falta de contestación do CEIP solicitamos do Valedor do Pobo que, no exercicio das súas obrigacións, reclamase ante o mencionado Colexio a información pertinente sobre os permisos.

En contestación a nosa solicitude o Sr. José Ramón Vázques Sandes vén de informar que debemos dirixirnos directamente á Delegación do Goberno, renunciando ao exercicio das súas obrigas como Valedor do Pobo, e encargando a un organismo cidadán como o MpDC que realice as xestións que son propias da súa Institución. É obvio que o Valedor négase a cumprir coa súa función teórica de "alto comisionado do Parlamento de Galiza para a defensa dos dereitos e liberdades".

O Movemento polos Dereitos Civís aceita a "invitación" formulada polo Valedor e protestará ante a Delegación do Goberno, pero tamén reclamará da Institución presidida polo Sr. Sandes que acate e exerza as obrigas que lle foron encomendadas polo Parlamento e esixa ao CEIP MAR DE FÓRA aclaracións sobe a falta de información sobre as cámaras que pretenden instalar.

0 comentarios:

Publicar un comentario