Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC presenta unha queixa no Defensor do Pobo contra a alcaldía de Melide por impedir a libre circulación

Written By Virgulino on 9/5/07 | 11:51


Impediu a entrada de catro concelleiros do BNG á Festa dos Maiores organizada polo Concello


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar unha queixa contra a alcaldía de Melida ante o Defensor do Pobo despois de que se impedira a entrada de catro concelleiros do BNG á Festa dos Maiores organizada polo Concello. O MpDC lembra ante o Defensor que o dereito á libre circulación non pode ser suspendida unilateralmente por unha decisión partidista dunha alcaldesa, xa que non existía nengunha circunstancia de carácter excepcional que o xustificara. O MpDC quer que o Defensor se dirixa á alcaldesa de Melide para lembrarlle o seu deber de cumprir coa legalidade vixente, permitindo o acceso dos diferentes grupos políticos con representación no concello aos actos organizados polo mesmo, e que garantice un tratamento non discriminatorio con estes grupos políticos e coa cidadanía en xeral.

Os catro concelleiros do BNG no Concello de Melide non puideron acceder no domingo á XXI Festa dos Maiores de Melide, onde se xuntaron 1.000 persoas. A pesar de ser un acto organizado polo concello, e pagado con fondos públicos, estes concelleiros da oposición non foron convidados - en todos os actos semellantes no resto dos concellos da comarca sempre se convida aos grupos da oposición- pero ademáis viron impedido o seu dereito á libre circulación e tiveron que ficar na porta do Palacio de Congresos.

Foi a propia alcaldesa, Ángeles Vázquez, acompañada de diversos membros do goberno local, a que afirmou na porta que non podían entrar, mentres o tenente de alcalde tentaba impedir que se fixeran fotografías deste momento e un traballador municipal ameazaba verbalmente aos concelleiros da oposición, o que aumenta a gravidade dos feitos.

0 comentarios:

Publicar un comentario