O Valedor do Pobo segue a rexeitar as queixas plantexadas polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) en relación con violacións de dereitos civís e retrocesos nas liberdades denunciados pola cidadanía ou detectados por este colectivo. Esta actuación negativa intensificouse notabelmente desde que o MpDC presentou o ano pasado unha demanda contra o Valedor do Pobo –cursada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza- ao alegar “falla de lexitimidade activa” pola nosa parte e negarse a responder ante varias reclamacións presentadas; noutros casos, o Valedor deu as queixas por solucionadas sen exercer calquera tipo de investigación ou pesquisa.
Así, recentemente o Valedor do Pobo inhíbíase a favor do Movemento polos Dereitos Civís para que averiguase se un colexio de Fisterra solicitara os permisos necesarios para a instalación de cámaras de videovixilancia, en vez de solicitar el mesmo esta información. Do mesmo xeito, ante unha queixa presentada pola negativa do Concello de Santiago a permitir a entrada ao pleno a varias persoas –a pesar do carácter público destes-, volveu negarse a actuar coa doutrina do “interese lexítimo”, que non se corresponde en absoluto coa xurisprudencia.
O Valedor incumpre as súas funcións ao non responder ante as queixas do MpDC, organismo con plena lexitimitade para transmitirllas, ao igual que calquera cidadán; con esta actitude convírtese nunha institución inútil para a defensa dos dereitos e liberdades. Así, a Lei do Valedor estipula claramente que ten a obriga de tramitar as queixas recibidas. Mesmo, aínda que a fonte que lle proporcionase información sobre un asunto, o Valedor do Pobo podería actuar de oficio aínda que ésta non tivese suficiente lexitimidade. Máis unha vez, o MpDC reclama de Vázquez Sandes que acate e exerza as obrigas que lle foron encomendadas polo Parlamento e reguladas por Lei.
O Valedor do Pobo intensifica a súa negativa a colaborar coas queixas do MpDC despois de ser denunciado ante o TSXG
Written By Virgulino on 24/5/07 | 13:08
Etiquetas:
Concello de Fisterra,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Valedor do Pobo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario