Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Nacional recoñece que non colaborou dilixentemente ante a denuncia de agresións homofóbas

Written By Virgulino on 3/4/07 | 11:08


Solicita do MpDC que lle transmita información no caso de que se repitan esas actitudes


O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) dirixirase á Xefatura Superior de Policía para lle transmitir que se receberan diferentes queixas a respeito do tratamento por parte da Policía Nacional cando recibía denuncias motivadas por actuacións de corte homofóbico. Nun destes casos, uns agredidos non contaron con información de ningún tipo sobre o modo de actuar para presentar denuncia, e noutras ocasións tentouse persuadir de non presentar denuncia, ademáis doutras actitudes máis graves, mesmo violentas e homófobas por parte da Policía Nacional.

O noso organismo exixiu que a Policía nacional mudase esas actitudes, e solicitou que a Xefatura Superior de Policía lembrase a todas e todos os axentes os deberes que lle impón a lei, así como a imposición de sancións correspondentes cando se detectasen estas conductas. Aínda que a resposta non foi a solicitada, a Xefatura de Policía vén de solicitarnos que se lle faciliten datos cando se produzan estas actitudes por parte do noso organismo, para tomar as medidas oportunas, o que supón un tímido recoñecemento por parte do corpo policial de que non se actuou dilixentemente até o de agora.

Por parte do MpDC, estaremos atentos á posíbeis violacións de dereitos fundamentais para plantexar as oportunas queixas, mais tamén manteremos unha actitude esixente coa actitude da policía, coas garantías da cidadanía e co lóxico proceso sancionador no caso de que se rexistren estas situacións que xa deberan facer parte para sempre do pasado.

0 comentarios:

Publicar un comentario