O alcalde de Compostela atribuiulle ao seu socio de goberno a promoción da metade das sinaturas
No pleno municipal de Santiago celebrado onte o alcalde afirmou que tiña sobre a súa mesa 4.000 firmas contrarias á concesión dunha rúa a Manuel Fraga, e que “a metade delas estaban promovidas por Néstor Rego”. O alcalde non deixou replicar ao edil nacionalista, porque do contrario éste lle tería explicado que foi o Movemento polos Dereitos Civís o que recolleu as sinaturas.
O MpDC comezou a mobilizarse en abril do ano pasado contra a denominación dunha rúa para unha persoa con tan poucos avais democráticos, ministro de Franco, presidente da Xunta na crise do Prestige e autor de centos de declaracións contra os homosexuais, ou a defensa de Pinochet e do franquismo. Na campaña chegaran a recollerse máis de 2000 mails ao enderezo do Concello, 500 cartas e 2500 asinaturas. O MpDC aínda conta con centos de sinaturas máis para entregar no Concello, a pesar das continuas prohibicións impostas por Sánchez Bugallo para a recollida das mesmas; alén de que a campaña sería reaunudada inmediatamente no caso de que decidise retomar a proposta.
O grave é que o alcalde de Compostela, en vez de transmitirlle a responsabilidade da contestación social ao seu socio de goberno, non recapacitara sobre o feito de que Manuel Fraga non merece un recoñecemento social dese tipo nen de ningún outro. É mais, deberá responder no Parlamento Vasco pola súa actuación en Victoria, con cinco falecidos.
O alcalde debería ter en conta, ademáis dos milleiros de sinaturas que recoñeceu ter recebido, que tamén se creou en Compostela a Plataforma Rúa Manuel Fraga Non, que agrupou a unha grande parte do tecido social compostelano, con asociacións cidadás, ecoloxistas, estudantís, culturais e xuvenís, e desenvolveu varias iniciativas e mobilizacións.
0 comentarios:
Publicar un comentario