Lembra que non o fixo cos alcaldes que forzaron a entrada no Parlamento
O MPdC manifesta a súa repulsa pola actuación discriminatoria da Policía Nacional e lembra que tras a carga contra os traballadores de ATENTO e dos funcionarios de A Coruña, agora continúase contra os traballadores da Administración como método para solventar as queixas laborais
O recurso da forza contra os traballadores/as non pode ser un mecanismo co que silenciar as protestas sociais. As autoridades saben perfectamente que esta debe ser proporcional e cumprir unha serie de requisitos legais. Requisitos que non son observados pola autoridade que poden estar incorrendo en delictos penados pola lexislación vixente.
Ademáis o MpDC quer chamar a atención sobre a distinta vara de medir da Consellaría de Presidencia, que ordena cargas contra traballadores e mentres é absolutamente permisiva coa actitude que tiveron os alcaldes do Partido Popular que forzaron a entrada no Parlamento no ano pasado, co cal se evidencia que hai dúas varas de medir.
Naquela ocasión o fiscal xefe de Galiza, autoridade coa que o MpDC mantivo unha reunión para evidenciar o trato discriminatorio deste tipo de actuacións, dixera que non perseguiría aos responsábeis da toma do Parlamento.
O MpDC seguirá vixiante para confirmar que os traballadores/as non sexan denunciados por manifestárense e anima que os feridos, aínda que consideren que o son de pouca consideración, presenten denuncia para que estes feitos non queden impunes.
O MpDC denuncia a carga da policía autonómica contra os traballadores/as da Administración
Written By Virgulino on 13/4/07 | 17:27
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario