O MpDC exixe un papel máis activo do goberno autonómico na defensa da liberdade de expresión
Como é coñecido, o Partido Popular presentou sendas denuncias contra dous blogues, denominados “Cousas de Ogrobe” e “Cousas de Cambados”, para censurar os seus contidos, por ser críticos e humorísticos ante as actuacións do PP neses localidades.
A Consellería de Presidencia vén de respostar a unha pregunta parlamentar formulada polo Grupo nacionalista, a iniciativa de Bieito Lobeira, na que afirma que “a Xunta de Galiza non fai valoración sobre este tema máis alá do máximo respecto pola liberdade de expresión, exercitada conforme aos parámetros recollidos pola normativa e xurisprudencia vixente”.
Desde o Movemento polos Dereitos Civís lamentamos a absoluta desidia da Xunta ante un gravísimo intento de censura da rede, cando o Partido Popular recurre á xustiza por unhas críticas formuladas contra personaxes públicos e que polo tanto poden e deben ser sometidos a crítica e avaliación constantemente pola cidadanía. A Xunta de Galiza debe ter un papel máis activo para defender a liberdade de expresión, dentro e fóra da rede, posicionarse de forma clara en defensa da plena legalidade da crítica política e reprobar a atitude do Partido Popular, en vez dunha simples declaración de intencións.
Por parte do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) queremos alertar da gravidade desta iniciativa por parte do Partido Popular no intento de censurar a rede através dos xulgados simplesmente por cuestións de opinión, e consideramos que pode abrir o camiño a moitas outras iniciativas xudiciais. Para o MpDC non é un feito aillado senón que se enmarca nun proceso de recurte das liberdades en Internet, nun momento no cal só se poden pechar por orde xudicial, pero xa se está avanzando nunha dirección máis restritiva e menos garantista para a cidadanía
A Xunta de Galiza négase a actuar na defensa dos blogues do Salnés denunciados
Written By Virgulino on 16/3/07 | 12:05
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario