Por segunda vez en tres días, a Policía Nacional carga contra os traballadores e traballadoras
Se na na madrugada do 13 de marzo a Policía Nacional desaloxaba a uns funcionarios acampados despois dun ano de conflito, hoxe procedeuse ao desaloxo duns douscentos traballadores/as de Atento que protestaban polo despedimento de 179 compañeiros, provocando diversas lesións nos manifestantes.
Entendemos como lóxico que o despedimento de case 200 persoas motive mobilizacións de denuncia, e queremos reiterar, unha vez máis, que a forza non axuda á resolución dos conflitos sociais e que a función da administración é mediar e axudar a cidadanía, e non agredir á cidadanía.
O MpDC solicitará da Delegación do Goberno as aclaracións pertinentes sobre a que xa parece ser unha norma instaurada de responder con desaloxos e malleiras ante os conflitos laborais na cidade da Coruña.
O MpDC denuncia de novo a utilización da forza en conflitos laborais
Written By Virgulino on 15/3/07 | 19:49
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario