A Subdelegación do Governo na Coruña comunicoulle recentemente á Comisión de Denúncia de Galiza a proibición da concentración/marcha que esta plataforma tiña previsto realizar o dia 24 diante do Hospital Juan Canalejo (às 12 horas) e diante da propia Subdelegación do Governo (às 16,30 horas) para reclamar o esclarecimento das circunstancias en que morreu Xosé Tarrío no cárcere o o 2 de xaneiro de 2005.
As concentracións só se poden proibir no caso de existir indicios de risco para a orde pública. A Subdelegación do Goberno na Coruña, dirixida por Obdulia Taboadela, dá unha nova volta de porca á limitación dos dereitos de reunión e manifestación, xa gravemente atacados nas semanas precedentes con accións policiais contra traballadoras/es do telemarketing ou funcionarios municipais.
0 comentarios:
Publicar un comentario