O Concello de Santiago vén de informar ao Xulgado do Contencioso nº2 de Santiago, que non lle consta que exista expediente específico a respeito dun membro do MpDC sobre o que lle afirmara a “Defensor del Pueblo”que sí posuía
O MpDC requeriu do “Defensor del Pueblo” que lle proporcionara información do Concello de Santiago por unha intromisión no dereito á honra levada a cabo polo Alcalde de Compostela o Sr Sánchez Bugallo, quen arremetera contra un dos membros do Movemento polos Dereitos Civís do que dixo que “ la actuación de este ciudadano obedece a ciertos condicionantes inherentes a su propia personalidad, y que se demuestran en reiteradas ocasiones ... según consta en los archivos de esta Policía Local de Santiago de Compostela”.
Perante esta información o afectado solicitou ao Concello copias dos arquivos policiais que, de existiren, serían recollidos de forma ilegal pois o membro do MpDC nunca fora sancionado. Documentación que non foi facilitada polo Concello, motivo polo que se presentou deunucia ante o Contencioso número dous de Santiago.
Sen embargo, despois de dous requirimento do Xulgado (o segundo baixo ameaza de sanción) o Concello nega agora a existencia dun expediente específico sobre o afectado. Informa de que a única documentación que dispón sobre el son tres escritos remitidos ao Defensor del Pueblo e outro ao Valedor do Pobo en contestación aos requirimentos realizados por esas Institución a raíz de investigacións realizadas polo MpDC en relación coas cámaras de vivdeovixiancia e a negativa da Policía Local de Santiago a identificarense cando llo requiren os cidadáns.
O MpDC pregúntase que tería acontecido de ter sido o denunciante quen realizase esas manifestacións contra o alcalde. Estamos ante unha clara vulneración do Dereito ao Honor, do principio de igualdade e posiblemente dun delito de Falsedade en Documento Público.
Na prensa: A Voz de Galicia
O Alcalde de Santiago mentiu ao “Defensor del Pueblo”
Written By Virgulino on 7/3/07 | 10:44
Etiquetas:
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito de reunión e manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario