Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un xuiz de Santiago impide ao músico alemán contar cun traductor no xuizo desta mañá

Written By Virgulino on 2/11/06 | 13:24

O xuiz encargado do caso do gaiteiro alemán, acusado de desobediencia ás autoridades, impide que este conte cun traductor xustificando esta decisión en que entendía perfectamente o español. O músico, Gert Genisser abandoou a sala de vistas mentres o xuizo continuaba sen a súa presenza, xa que non entendía nada do que ocorría.

O mencionado xuizo tivo lugar esta mañá nos Xulgados de Fontiñas. O Movemento polos Dereitos Civís acompañou en todo momento ao acusado, que posteriormente á vista, presentou unha denuncia contra a actuación da Policía Local de Santiago.

Os feitos ocorreron o pasado 21 de outubro cando Gert Genisser estaba a tocar a súa gaita na zona vella de Santiago. Uns axentes viñeron e levárono á Comisaría da Policía Nacional pero quedou en liberdade un pouco máis tarde. Ao día seguinte, na rúa do Preguntoiro, foi abordado por outro axente que lle solicitou o permiso. El resposotou que non tiña e o axente abandoou o lugar.
Gert cambiou de lugar e situouse na praza do Obradoiro. Uns municipais colléronlle a gaita e tiráronlla dentro do coche da Policía. Gert introduciuse no vehículo para recuperala mentres os axentes cerraban a porta e non lle deixaban saír. Estes mesmos traballadores do concello de Santiago acompañábano ás aforas de Santiago e indicábanlle que abandoara a cidade.

Como o feito de tocar na rúa é un delicto menor, de escasa consideración, os axentes, ante a negativa do alemán de abanoar Santiago, denunciarono por desobediencia ás autoridades. Este foi o motivo do xuizo que se celebrou hoxe.

O MpDC considera inadmisibel este trato por parte dos axentes da policía local así como por parte do xuiz no día de hoxe, negando un traductor a unha persoa procedente de Alemania e que ten moitas dificultades para expresar o que quere dicir. Por outra parte, tampouco é de recibo que se denuncie a Gert Genisser por un delito de desobediencia ás autoridades cando o único delicto que cometeu foi o de tocar un instrumento nas rúas de Santiago, sen o pertinente permiso, cousa que noutras cidades do Estado está permitido.


A fiscalía pide unha multa de 5 euros durante 40 días mentres que a acusación particular, representando ao concello de Santiago, 5 euros ao día durante 60 días. Como se pode observar son unhas sancións desemesuradas atendendo a cal foi o motivo dos feitos.

Esta actuación policial non é un feito aillado

Como moitas veces recolleron os medios de comunicación, esta actuación da Policía Local de Santiago non é un feito illado. O MpDC rexistrou dende o ano 2002 diversas denuncias por parte de cidadáns composteláns contra varios axentes deste corpo por actuacións desmesuradas, agresións, negación a identificarse, insultos, etc...

A nosa asociación leva traballando nestes anos para que se condene a estes axentes que fan un abuso da súa función encomendada. Así, algún deles xa foi apartado durante algún tempo ou cambiado de función. En resumo, e moi brevemente, estas foron algunhas desas actuacións:

Ø Xullo do 2006: Unha parella homosexual que se interesou pola identificación de tres rapaces que estaban a levar a cabo dous axentes da Policía Local foron agredidos, insultados pola súa condición sexual e un deles detidos. Os axentes tamén se negaron a identificarse.

Ø Xuño do 2006: Dous axentes da Policía Local detiveron e golpearon sen ningún motivo a un cidadán que se encontraba de forma pacífica no parque da Alameda. Os axentes negáronse a identificarse.

Ø Novembro do 2003: A Policía Local impide o acceso ao pleno municipal do concello de Santiago a un grupo de mozos, mentras permite a entrada a outra serie de persoas, sen identificar. Os axentes alegan falta de espazo e que se ía interrumpir o transcurso do mesmo, cando según a normativa todo o mundo ten acceso ao mesmo.

Ø Marzo do 2004: Seis rapaces que tocaban os tambores na rúa son agredidos e brutalmente detidos por parte de varios axentes da Policía Local de Santiago. Xa na comisaría, os axentes trataron vexatoriamente, ameazaron aos detidos, non se lles explicou o motivo da súa detención, e obrigáronos a asinar documentos que non puideron ler. Só se puido identificar a dous destes policías. Un deles foi condeado como autor de faltas de lesións.

Ø Abril do 2004: Un axente da policía local interrumpe a circulación durante máis de media hora porque algúen tocou o claxon, para levar un coche mal aparcado co servicio de grúa. Ante o atasco que estaba a provocar varios conductores solicítanlle a súa identificación para presentar unha denuncia pero négase. Pola contra, chama reforzos para identificar a tódolos conductores por suposta desobediencia á autoridade. Os policías que chegaron despois tamén se negaron a identificar ao compañeiro e aconsellaron que se fixera a denuncia en base á matrícula da grúa.

Ø Setembro do 2003: Un axente négase a deixar pasar a un coche para a rúa onde ten o seu garaxe, mentras outros vehículos si que se lles permite o paso. O axente ponse moi agresivo, insultando a este cidadáns, incluso bota man da súa arma. Tamén se nega a dar o seu número de placa para formular a pertinente denuncia.

Ø Xullo do 2003: Dous axentes circulan en dirección prohibida para identificar a tres rapaces por levar un caldeiro e un cepillo. Os policías, pola súa banda, néganse a dar o seu número de placa.

0 comentarios:

Publicar un comentario