O concello da Coruña ten instaladas cámaras que vixian varios puntos da cidade herculina sen dispor dos pertinentes permisos da Delegación do Goberno. Así o fixo saber esta institución do Estado ao MpDC, alegando un total descoñecemento desta iniciativa da Casa Consistorial coruñesa.
O concello de A Coruña incumpriu a normativa sobre colocación de vídeocámaras e instalou varios destes dispositivos en distintos puntos da cidade como a Estación de Autobuses.
O pasado 7 de decembro do 2005 a entidade local herculina publicaba na súa páxina web a intención de sacar un concurso público para a instalación dun sistema de seguridade na estación de autobuses e no edificio de Urbanismo. Na referida información sinalábase que a colocación dun total de 22 vídeocámaras e un avanzado sistema informático.
Estos aparellos, segundo o concello, permitirían controlar os accesos dende o exterior á planta baixa, os despachos de billetes, a consigna de equipaxes, o acceso ás plataformas, á gasolineira e ao patio de operacións. Ademáis, as cámaras estarían dotadas de sensores de movemento e de visión nocturna, e o sistema estaría conectado as 24 horas, contando ademáis con varios gravadores informáticos.
O pasado mes de agosto, o MpDC recibiu diferentes denuncias cidadás sobre este aspecto, en concreto, as queixas ían referidas a que se estaba procedendo á instalación na Estación de Autobuses das antigas cámaras emprazadas anteriormente na Praza de María Pita e na Praza do Humor, mentres que os novos dispositivos estaríanse colocando nas mencionadas prazas públicas.
Ademáis, os denunciantes aseguraban que o control da vídeovixilancia da Estación de Autobuses o ían levar persoal do concello e non estaría baixo a supervisión da policía, tal como se fixo público no seu momento. De seren estar afirmacións certas estaríase vulnerando a Lei Orgánica 4/1997 que regula esta materia.
Durante esta semana, esta asociación recibiu novas queixas que alertaban que estas cámaras previamente instaladas estaban xa a exercer funcións de control e vixiancia. O inadmisibel deste feito é que a Delegación do Goberno comunicou, previa solicitude do MpDC, descoñecer esta iniciativa por parte do Concello da Coruña, para a cal non gozan dos permisos pertinentes.
Por todos estos motivos o MpDC solicita que estas cámaras sexan retiradas no menor tempo posible e tamén que a Delegación do Goberno actúe e sancione á entidade local herculina por proceder á instalacións destes dispositivos sen os pertinentes permisos. Ademáis, o esta asociación denunciará este feito tan grave ante a Fiscalía do Estado e ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Doble vertente: idoneidade e intervención mínima
O MpDC considera que non existe a necesidade de instalar cámaras de vídeovixilancia en ningún dos lugares públicos citados da cidade de A Coruña. Estes emprazamentos, así como a cidade en xeral, son tranquilos e seguros polo que non é de recibo vulnerar o dereito á intimidade e á propia imaxe dos cidadáns para previr a reaización dunha pintada esporádica ou un pequeno furto.
Segundo a LO 4/1997, o concello de A Coruña está a vulnerar a normativa porque a vixilancia ten ser realizada polas Forzas de Seguridade do Estado e non por funcionarios do concello. Ademáis, para a instalación destes dispositivos é necesaria a autorización do Delegado do Goberno, previo informe da Comisión de vídeo vixilancia.
Tampouco está baixo legalidade o cambio das cámaras dun lugar a outro, a pesar de que os dous emplazamentos dispuxeran de autorización para albergar este tipo de dispostivos de vídeo vixilancia.
Por último, o artigo 6 da LO 4/1997 establece que o emprego de vídeocámaras estará presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima, principios que quedan un tanto en entredito nesta actuación do concello de A Coruña.
O concello da Coruña instala cámaras de videovixiancia en varios puntos da cidade herculina sin os pertinentes permisos da Delegación do Goberno
Written By Virgulino on 2/11/06 | 13:29
Etiquetas:
AGPD,
Concello da Coruña,
Concello de Ares,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario