Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O músico alemán denuncia aos axentes da Policía Local de Santiago pola súa detención ilegal na que procederon con violencia física e verbal

Written By Virgulino on 7/11/06 | 14:13

Gert Genisser, o músico alemán que foi obxecto de graves ameazas, agresións físicas e coaccións para que abandoara a cidade compostelá, denunciou o pasado martes aos axentes da Policía Local de Santiago pola súa detención ilegal.

Os feitos ocorreron o pasado 21 de outubro cando Gert Genisser estaba a tocar a súa gaita na zona vella de Santiago. Uns axentes viñeron e levárono á Comisaría da Policía Nacional pero quedou en liberdade un pouco máis tarde. Ao día seguinte, na rúa do Preguntoiro, foi abordado por outro axente que lle solicitou o permiso. El resposotou que non tiña e o axente abandoou o lugar.

Gert cambiou de lugar e situouse na praza do Obradoiro. Uns municipais colléronlle a gaita e tiráronlla dentro do coche da Policía. Gert introduciuse no vehículo para recuperala mentres os axentes cerraban a porta e non lle deixaban saír. Estes mesmos traballadores do concello de Santiago acompañábano ás aforas de Santiago e indicábanlle que abandoara a cidade.

Estas actuacións dos axentes foron cun tono agresivo, insultante e maleducado, recordándolle o que lle acontecera no ano 2001 onde foi agredido por dous axentes de forma brutal, rompéndolle as dúas gaitas, feitos polos que xa denunciou naquel intre aos policías.

Por estes feitos do pasado mes de outubro, o músico alemán foi xulgado, por un presunto delito de desobediencia á autoridade, polo que a acusación pide unha multa de 5 euros ao día durante 60 días.

Ao rematar o mencionado xuizo, o músico alemán presentou, perante o Xulgado de Guardia, a pertinente denuncia contra os axentes pola súa detención ilegal, as graves aemazas, agresións físicas e coaccións ás que foi sometido. Actos coma estes da Policía Local santiaguesa comezan a ser habituais, con contínuos abusos de poder e extralimitación das súas funcións.

Despois do xuizo, o pasado mércores, Gert dispúxose de novo a tocar na Praza do Obradoiro a súa gaita mentres dous axentes da Policía se situaron ao seu carón, sen decirlle nada, pero tratando de intimidalo durante todo o tempo que estivo nas rúas de Compostela. Cada vez que él se movía, os dous axentes seguíano ata a nova ubicación, sempre sen dirixirse a él.

0 comentarios:

Publicar un comentario