Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC reunirase cos partidos políticos galegos para presentarlles o proxecto de lei para a creación da Axencia Galega de Boas Prácticas Policiais

Written By Virgulino on 7/11/06 | 14:11

O Movemento polos Dereitos Civís solicitará nos vindeiros días unha reunión cos tres partidos políticos con representación no Parlamento de Galiza para presentarlles o proxecto de lei para a creación da Axencia Galega de Boas Prácticas Policiais (AGBPP).

Neste encontro, o MpDC expoñerá os puntos clave deste órgano que actuará con total independencia pero que será dependente do Parlamento de Galiza. En Inglaterra existe un órgano similar que tamén se encarga de sancionar e vixiar as actuacións policiais desmesuradas tales como cargas policiais, detencións, identificacións sin motivos.

A experiencia de creación desta institución británica está sendo moi positiva polo que pode ser un punto de partida e un espello onde mirarse de cara á creación da AGBPP.

A nosa asociación leva xa varios anos traballando na defensa dos dereitos das persoas, tempo no que constatou a vulneración que se fan destes, en moitas ocasións, por parte dos axentes tanto da Policía Local, Autonómica ou Garda Civil.

Este órgano estaría composto por representantes dos partidos políticos, das asociacións que velan polos dereitos en Galiza, un representante da Fegamp, outro da Dirección Xeral de Interior, un do Consello de Universidades e tres representantes dos sindicatos maiormente representados entre os axentes.

A creación do proxecto da AGBPP por parte do MpDC conta co apoio doutras institucións e organizacións como a CIG, Adega, a Plataforma Nunca Máis, Xusticia e Sociedade ou Sindicato Labrego. Ademáis, nestas datas a nosa asociación está a manter encontros con outros colectivos para presentar o proxecto e coñecer a súa opinión, así como posibles melloras do texto.

0 comentarios:

Publicar un comentario